• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
A estratexia dos Tardeos, ampliarase á Praza do Campo tralo éxito das iniciativas no barrio da Tinería e en Augas Férreas
11 septiembre, 2020
Lara Méndez continúa traballando na recuperación económica de Lugo cun plan de reactivación do tecido produtivo baseado na dinamización comercial
22 septiembre, 2020
Mostrar todo

Lara Méndez supervisa o inicio das intervencións artísticas en seis igrexas situadas a pé do Camiño, no marco dos I Premios Connexio

15 septiembre, 2020
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Europe Direct Lugo
Etiquetas

A alcalesa e o edil de Desenvolvemento Local mantiveron un encontro este martes co artista Carlos Rodríguez Fernández, que desenvolverá a obra “Del hijo, la respiración” na Capela do Carme, coa colaboración dos membros da Confraría

O Concello está a grabar todo o proceso de montaxe que se está a levar a cabo nos seis templos para que este contido se poida visualizar a través de códigos QR na entrada das igrexas, así como nas redes sociais e na páxina web do proxecto

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, e o delegado de Patrimonio histórico-artístico e director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, César Carnero, mantiveron un encontro este martes co artista Carlos Rodríguez Fernández, que desenvolverá a súa obra na Capela do Carme, no marco dos I Premios Connexio. No encontro tamén participaron o presidente da Confraría da Virxe do Carme, Antonio de los Ojos, e outros membros da mesma.

O certame, posto en marcha polo executivo municipal, premiou con 3.000 euros seis proxectos de intervencións artísticas en seis igrexas situadas ao pé do Camiño Primitivo, ao seu paso por distintas parroquias de Lugo: Santa María en Gondar; Capela do Carme; San Xóan Alto; San Vicente en Burgo; San Miguel en Bacurín; e San Pedro de Abaixo en Mera.

A rexedora explicou que “a principios de setembro os artistas comezaron a execución dos seus traballos, que estarán finalizados no mes de outubro”. “Dende o Concello estamos a grabar e documentar todo o proceso de montaxe das obras, para que logo este contido se poida visualizar a través dos códigos QR que serán instalados na entrada dos templos, así como a través das redes sociais e da páxina web do proxecto, alcanzando unha proxección internacional”, sinalou.

A través desta iniciativa pioneira en España, o Concello quere pór en valor o itinerario xacobeo con vistas ao vindeiro Ano Santo como elemento dinamizador das artes e do talento e do patrimonio cultural, histórico e arquitectónico do rural, así como desenvolver unha aposta por un turismo que busca experiencias diferentes. Búscase, así mesmo, converter o Camiño Primitivo, ao seu paso por Lugo, nun museo da arte contemporánea, achegando un reclamo máis para que os visitantes e peregrinos escollan esta ruta xacobea, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015.

En total, máis de 220 artistas participaron nesta convocatoria que saíu tamén fóra do país xa que os proxectos candidatos corresponderon a artistas residentes en España, pero tamén en Reino Unido e Alemaña.

O artista

Carlos Rodríguez-Méndez (Pontevedra, 1968) leva expondo as súas obras desde hai 17 anos por toda España, pero tamén en Latinoamérica, Europa e Nova York. Este recoñecido artista proxecta na Capela lucense unha intervención que baixo o nome de ‘Del hijo, la respiración’, contará para o seu desenvolvemento coa colaboración dos membros da Cofradía da Virxe do Carmen. O xurado valorou da súa proposta “a súa capacidade para sintetizar nos seus proposta aspectos conceptuais relativos á tradición e a forma de entender o espazo na resolución formal”.

A obra “Del hijo, la respiración”

Rodríguez-Méndez propón para esta capela a creación de dúas superficies de tea de 9×6 m sobre bastidores que serán colocadas nos laterais do interior da Capela do Carmen. Estes lenzos conterán no seu parte superior aceite que será entregado polos membros da confraría do Carmen e depositado nunha vasilla disposta no interior da igrexa. En “Del hijo, la respiración” o aceite vaise desvelando verticalmente pola superficie da tea, como unha presenza que se descobre lentamente e que fala dun peso, unha forma corporal sutil estendida construíndo á súa vez un paradoxal e vívido plano.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo