• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
A Alcaldesa preside o acto de toma de posesión de Cesar Castiñeira Muiña
5 marzo, 2020
A solidez das contas de 2019 permiten ao Concello de Lugo afrontar o investimento extraordinario de 5 millóns de euros en familias, autónomos e pemes para paliar os efectos do COVID 19
21 marzo, 2020
Mostrar todo

Lara Méndez porá en marcha o I Plan Muramiñae Rehabilita de mellora dos dez barrios da zona DUSI con brigadas formadas por colectivos vulnerables

6 marzo, 2020
Categorías
  • Espazo Lab>Emprego
Etiquetas

A alcaldesa anuncia un Plan de Intervención Socio-Laboral que permitirá actuar nos espazos públicos ao mesmo tempo que se lle da unha oportunidade laboral a 24 persoas

Terán prioridade inmigrantes e minorías étnicas, poboación numerosa na zona DUSI xa que o Muramiñae “busca tamén a rexeneración económica e social da contorna fluvial”

O Concello abrirá canles de comunicación coa cidadanía para que sexa a propia veciñanza a que propoña e suxira as obras de actuación

Realizaránse arranxos medioambientais, albanelería, pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura nos barrios de Recatelo, A Cheda, A Ponte-San Lázaro, O Carme, Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e  Saamasas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe a posta en marcha este mes do proxecto ‘Muramiñae Rehabilita’, un Plan de Intervención Socio-Laboral que permitirá desenvolver durante seis meses obras de mellora nos dez barrios da cidade que integran a zona DUSI ao mesmo tempo que se lle da unha oportunidade laboral a colectivos vulnerables.

Esta acción enmárcase nas liñas de acción que fixa a estratexia europea DUSI gañada polo Concello de Lugo con vistas á  promoción da inclusión social e de loita contra a pobreza a través da inserción laboral. A rexedora lembrou que o Muramiñae “busca a integración da trama urbana co río Miño así como a rexeneración física, económica e social da  área funcional urbana da contorna fluvial”.

A alcaldesa, que estivo acompañada dos concelleiros Olga López, responsable de Benestar, Inclusión e Persoas Maiores, e Mauricio Repetto, responsable da Desenvolvemento Local e Emprego, avanzou que se crearán 3 brigadas que estarán conformadas por 27 persoas: 8 peóns e un capataz en cada unha delas. Para iso, na Xunta de Goberno Local da vindeira semana se levarán para a súa aprobación as bases de contratación destas persoas. “Na zona DUSI vive un alto número de poboación inmigrante e minorías étnicas, razón pola que nesta primeira edición do Muramiñae Rehabilita abrimos a porta a contratación de estes colectivos como prioritarios do proxecto”, sostivo Lara Méndez.

As bases terán en conta esta condición, con preferencia dos desempregados de longa duración, mulleres, maiores de 55 anos, mozos e mozas menores de 30 atendidos polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil e persoas que estean en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe de Servizos Sociais.

As brigadas encargaranse de realizar labores de xardiñería e arranxos medioambientais, albanelería e pavimentación e reparación de mobiliario e infraestrutura urbana nos barrios DUSI:  Recatelo, A Cheda, A Ponte-San Lázaro, O Carme, Milagrosa, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, Abuín e  Saamasas.

“Esta oportunidade laboral irá acompañada tamén dun traballo de capacitación que faremos coas persoas contratadas, con formación tamén en habilidades sociais e laborais. E na fase final do seu contrato entrarán a escena os nosos orientadores laborais, que lles axudarán na súa inmersión no mercado laboral”, aclarou a alcaldesa.

Lara Méndez destacou tamén a apertura deste programa de obras á opinión e suxerencias da veciñanza, “xa que queremos que sexan os cidadáns os que nos propoñan as actuacións que queren que desenvolvamos neste barrios”.  Para iso, habilitarase en un espazo na web municipal onde deixar as propostas, e tamén se repartirán folletos de papel a través dos que os veciños e veciñas poden facer chegar as súas peticións, que se irán estudiando no marco dun plan de acción de barrios.

O investimento deste primeiro plan “Muramiñae Rehabilita” ascenderá a 671.000 euros, do que o Concello cofinancia o 20% e o resto son fondos FEDER. Desta cantidade, 267.000 euros son para gastos de persoal, e o resto materiais, vestiario, aluguer de maquinaria, coordinación e seguridade, entre outras actuacións complementarias.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o proxecto ‘Muramiñae Rehabilita’ | Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
20 febrero, 2025

O CEI Nodus municipal acolle a xornada ‘Xustiza Social’ organizada pola Rede TIL, da que forma parte o Concello


Ler máis
14 enero, 2025

Arranca o obradoiro Salus Lugo co que o Executivo de Paula Alvarellos promove a empregabilidade de 20 lucenses no coidado de dependentes


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo