• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Lara Méndez proxecta no Camiño Primitivo un coliving artístico pioneiro en España para potenciar o talento e as industrias culturais
10 diciembre, 2019
A 4ª edición GIRA Mujeres chega a Lugo
10 enero, 2020
Mostrar todo

Lara Méndez convida a subirse este Nadal no Tren Lugo é Capital, que percorrerá a cidade para animar á compra de proximidade

18 diciembre, 2019
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Economía
Etiquetas
  • Comercio local

A alcaldesa presenta unha campaña municipal, “que quere crear novas experiencias de compra nos barrios e no centro” e que incluirá actuacións de microteatro nas tendas

A rexedora, acompañada do edil Mauricio Repetto e de José María Seijas, presidente da Federación Comercio Local, pide a veciñanza que aposte por dinamizar o comercio local

O concello crea unha ruta en tren urbano polas zonas comerciais, que funcionará desde hoxe ata o 5 de xaneiro e que permitirá non utilizar os vehículos privados

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou a subirse durante estas festas de Nadal ao ‘Tren Lugo é capital’, que porá en marcha o Concello en colaboración coa Federación do Comercio Local para animar á compra de proximidade.

Este tren, que percorrerá as principais zonas comerciais da cidade desde hoxe ata o 5 de xabeiro, inclúese na nova campaña municipal presentada hoxe, “coa que queremos crear novas experiencias de compra nos barrios e no centro”, segundo aseverou a rexedora, que estivo acompaña do  concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, e de José María Seijas, presidente da Federación de Comercio Local.

“O noso obxectivo é desenvolver unha serie de accións que axuden a convidar á poboación a consumir no pequeno comercio, chamando a atención sobre as vantaxes de comprar nel e sobre o beneficio social, económico e ambiental que iso representa para o noso municipio”, sostivo.

“Debemos ser conscientes _ aclarou_  tanto as administracións como a propia veciñanza de que son os comercios locais os que sosteñen unha parte importante da vida cidadá. Son un instrumento dinamizador das nosas rúas e prazas, ademais de xerar  riqueza, á vez que manteñen un número importante de postos de traballo”. Por iso, alentou a concienciación dos cidadáns sobre a importancia de apostar por mercar nas tendas de proximidade.

O Tren Lugo é Capital, que percorrerá desde ás 10.30 horas ata as 20.30 horas as rúas das principais zonas comerciais para facilitar o transporte sen necesidade de usar os vehículos privados, á vez que os usuarios poderán gozar dun paso por Lugo desde outra perspectiva. O tren realizará un itinerario circular permanente, de ida e volta, con diversas paradas, para que as compras se poidan desenvolver de maneira máis accesible e cómoda. A ruta será polos distintos barrios e no casco histórico.

Ademais, para que os itinerarios sexan máis divertidos e para que a xente coñece máis de preto a diversidade de tendas, desenvolveranse paradas preto dos negocios onde poderán gozar de tempos de microteatros baixo o título de ‘Envolvendo clown’. As actuacións realizaranse nos escaparates das tendas, no seu interior ou no exterior das mesmas se a climatoloxía o permitise.  “Trátase tamén de axudar a desenvolver experiencias de compra diferentes, e máis en Nadal onde se crea un ambiente especial”, incidiu a rexedora.

O tren do comercio local tamén ten unha parte para os máis cativos, xa que poderán deixar na caixa de correos propostas de postais de Nadal, e entrar nun concurso con premios, que se entregarán nunha festa de peche de campaña.

Esta campaña enmárcase na marca ‘Lugo é Capital’, creado polo concello co  fin de impulsar o comercio local baixo unha identidade única e que pretende xerar un sentimento da importancia da cidade como capital da provincia así como un sentimento de pertenza da veciñanza, que axude a facilitar a implicación da poboación de Lugo na supervivencia do comercio local fronte ao comercio de grandes superficies e online.

A marca estará plasmada nas bolsas de compra que se entregarán aos usuarios do tren, un total de 5.000 ao longo de toda a campaña.

Ademais destas accións específicas, tamén estamos a apoiar accións que están a desenvolver os distintos colectivos, como os comerciantes que puxeron en marcha ‘Vive o Nadal no barrio de A Milagrosa’  e actuacións máis específicas para a atraer os visitantes ata o barrio da Tinería, onde, como sabedes, está ubicado o coworking municipal a pé de rúa.

Máis info

  • Horarios do Microteatro e Itinerarios do Tren | Descargar pdf

Audio

  • Lara Mèndez, sobre a campaña de Nadal (I) | Descargar mp3
  • Lara Mèndez, sobre a campaña de Nadal (II) | Descargar mp3
  • Mauricio Repetto, sobre a campaña de Nadal  | Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo