• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón
25 abril, 2024
O Executivo de Paula Alvarellos impulsa a inserción socio-laboral de colectivos vulnerables cedendo dous locais no CEI Nodus e A Tinería
4 junio, 2024
Mostrar todo

Festigaleiros, empresa instalada no CEI Nodus, participa con éxito na aceleradora Vía Galicia e xa proxecta a súa expansión internacional

16 mayo, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
Etiquetas

A startup lucense naceu a raíz da sexta edición do programa Inicia Coworking, promovido polo Concello e a EOI, dando os seus primeiros pasos no viveiro de empresas municipal.

Repetto: “Resulta moi gratificante que proxectos xurdidos ao abeiro de iniciativas municipais acaden recoñecementos, ao tempo que xeran riqueza e postos de traballo en Lugo”.

En 2025, Festigaleiros ten previsto iniciar un proceso de expansión nacional con vistas a dar o salto internacional en 2027, liderado pola súa CEO Vanesa Rivas.

A startup lucense Festigaleiros, que deu os seus primeiros pasos no CEI-Nodus municipal, foi seleccionada, entre máis de cen proxectos, para formar parte da aceleradora Vía Galicia, na súa 7ª edición, un espazo de emprendemento de referencia na comunidade galega. Na fase inicial, de Academia e seis semanas de duración, conviviu con outras 39 startups galegas. Nunha segunda fase, foi elixida, xunto con outras 14 empresas de recente creación, para a fase de Aceleradora de seis meses de programa.

Festigaleiros naceu a raíz da sexta edición do programa Inicia Coworking, promovido polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Trátase dunha plataforma cloud de intelixencia turística dos plans de lecer na comunidade galega que favorece a interacción do turista coa contorna que visita e intensifica a calidade da súa experiencia.

“O proxecto, liderado pola emprendedora Vanesa Rivas, xurdiu a raíz desta iniciativa municipal a través da que recibiu asesoramento, formación e acompañamento para a súa posta en marcha”, explicou o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “para nós é moi importante, á vez que gratificante, que proxectos xurdidos co apoio desta concellería acaden recoñecementos e, sobre todo, que xeren riqueza e postos de traballo no municipio”.

O pasado 10 de maio Festigaleiros presentou o seu pitch deck ante investidores interesados de todo o territorio nacional no Investors Day, celebrado no marco do Way Startup Summit, na cidade de Vigo.  Este ano, entre outros fitos relevantes, a startup lucense conseguiu a cualificación como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica e está a tramitar a Q de Calidade Turística, outorgada polo Instituto para a Calidade Turística Española, ICTE.

O pasado ano, Estrella Galicia apostou por Festigaleiros para promocionar a súa campaña de impulso de celebracións tradicionais, A Nosa Verbena. Festigaleiros recibiu en 2023 un millón de visitantes, europeos e americanos. En 2025, iniciará un proceso de expansión nacional, con varias comunidades interesadas. En 2027, dará o salto internacional, liderado pola súa CEO Vanesa Rivas e un equipo de profesionais especializado en tecnoloxía, comunicación e vendas.

Neste senso, Repetto subliñou que “son varios os exemplos de empresas que xorden ao abeiro do CEI Nodus e, en pouco tempo, son capaces de iniciar a súa expansión fóra das nosas fronteiras” e subliñou como exemplo a marca de doces gourmet Perusiñas “que comezou a súa andaina en 2022 neste viveiro municipal e actualmente xa realiza envíos a países como Francia ou Bélxica”.

Neste senso, Repetto lembrou que “a piques de cumplir o seu 20 aniversario, o CEI-Nodus é unha clara mostra da aposta do goberno municipal polo fomento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo, pois baixo o seu paraugas, xa se desenvolveron máis dun centenar de empresas na cidade, elevándose a porcentaxe de supervivencia das mesmas por riba dun 75%”. “A través desta ferramenta dende o goberno local tamén buscamos dar oportunidades aos mozos e mozas, para reter o talento en Lugo, e facilitar a implantación de novas empresas na nosa cidade”, engadiu o edil.

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo púxose en marcha en novembro de 2004. Conta con 23 espazos para o desenvolvemento da súa actividade por empresas de nova creación, 5 talleres, 2 laboratorios e 16 locais. Tamén conta cun espazo dividido en 5 compartimentos para Semilleiro e un espazo Coworking. Nos últimos cinco anos, un total de 122 empresas estiveron instaladas nestas dependencias municipais, onde tamén recibiron asesoramento uns 220 emprendendedores.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo