• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Executivo de Lara Méndez impulsa a contratación do alumnado dos obradoiros municipais con incentivos económicos ao tecido produtivo
22 agosto, 2023
Lara Méndez felicita ao alumnado que completou a súa formación no ámbito das TICs, o marketing e a comunicación no CEI Nodus
29 septiembre, 2023
Mostrar todo

As condicións vantaxosas coas que o Concello aluga os locais do viveiro da Tinería atraen a máis dunha vintena de emprendedores

14 septiembre, 2023
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
  • Viveiro de A Tinería
Etiquetas

Acompañados do edil de Dinamización Económica coñeceron in situ os 6 establecementos que o Executivo de Lara Méndez pon a disposición dos interesados por un período de seis anos.

“A elevada participación na visita guiada que organizamos dende o Concello pon de manifesto o interese que esperta esta iniciativa municipal”, explicou Mauricio Repetto.

As rendas, que oscilan entre os 18,59€ e os 133,82€ mensuais, supoñen o 30% do importe total que o Concello pagará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo polo uso dos locais.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día 29 de setembro.

Máis de 20 emprendedores e emprendedoras lucenses participaron na visita guiada que organizou o Executivo de Lara Méndez a cada un dos seis locais comerciais de titularidade pública, ubicados no barrio da Tinería, que o Concello pon a disposición das e dos interesados en réxime de aluguer, cunhas condicións moi vantaxosas.

“Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta da rexedora por darlle continuidade ao viveiro empresarial que puxo en marcha xa no ano 2018 no barrio da Tinería, como mostra do seu compromiso coa rexeneración económica e social desta zona do Centro Histórico”, explicou o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.

O edil destacou a elevada participación na xornada de portas abertas “o que pon de manifesto interese que esperta esta convocatoria”. Para a cesión destes locais, en condicións moi vantaxosas, o Concello de Lugo, a través da área de Dinamización Económica, asinou un acordo co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que contempla o arrendamento de sete locais de titularidade autonómica, un dos cales, situado na rúa Tinería 36, será empregado polo propio Concello para realizar actividades de dinamización, mentres que os outros seis locais poranse a disposición dos/as emprendedores/as da cidade.

O Concello reducirá os alugueiros nun 70% sobre o prezo estipulado polo IGVS, de xeito que a cota a satisfacer polos arrendatarios destes locais será o 30% do importe total que o Concello pagará a Xunta de Galicia. Ademais a administración local, asumirá o importe do IBI de todos os locais, e este custo non se repercutirá aos arrendatarios. Deste xeito, as rendas oscilarán entre os 18,59 euros mensuais do aluguer máis baixo e os 133,82 euros do máis caro.

Trala publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, as e os interesados en optar a un destes seis locais teñen ata o día 29 de setembro para presentar a súa solicitude. Cada interesado poderá optar ata un máximo de dous locais, establecendo unha orde de preferencia para levar a cabo nos mesmos a súa actividade empresarial, aínda que os/as  solicitantes só poderán ser beneficiarios/as do alugueiro dun local.

“Esta é a segunda convocatoria que poñemos en marcha, logo de que os inmobles estiveran ocupados durante os últimos cinco anos, contribuíndo á xeración de novos postos de traballo e ao despegue de proxectos empresariais de diversa índole, que poderán volver a presentarse se o estiman oportuno”, lembrou Repetto.

O edil subliñou que, como novidade, “as bases desta convocatoria inclúen a obrigatoriedade de contar cun horario comercial de apertura, que deberá respectarse durante todo o período contractual”.

Procedemento de adxudicación dos locais

O  procedemento de adxudicación da cesión en réxime de aluguer dos locais, será o de concorrencia competitiva. Os  proxectos presentados en tempo e forma serán avaliados por un Comité Técnico, que valorará as propostas en función das condicións específicas da actividade a desenvolver. Aqueles proxectos que pasen este primeiro filtro, serán avaliados segundo a tipoloxía da empresa e a adecuación da actividade proposta ás características do local, a dinamización comercial da zona, e a súa contribución á xeración de afluencia de público.

Poderán ser beneficiarios/as da cesión de uso dos locais aquelas persoas físicas ou xurídicas, que pretendan desenvolver unha actividade comercial e/ou de negocio nalgún dos locais que se poñen a disposición na zona da Tinería, sempre e cando se respecte a Ordenanza de Burgos Medievais.

Así mesmo, as persoas/entidades adxudicatarias dos locais, asumiran pola súa conta os custos do  acondicionamento dos mesmos, de acordo coas características do local e do establecemento comercial que se pretenda abrir, tendo en conta a normativa urbanística que opera na zona de actuación, tanto para a actividade comercial e/ou de negocio a desenvolver, como para o acondicionamento interior e exterior.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

10 julio, 2025

TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición


Ler máis
18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis

Entradas recientes

  • TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición 10 julio, 2025
  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025
  • Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo 13 junio, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • julio 2025
  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo do Concello de Lugo, amplía ata o 28 de xullo o seu prazo de inscrición 10 julio, 2025
  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025

Arquivos

  • julio 2025
  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo