• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”
28 noviembre, 2024
O mercado Nadalmente Lucense abre as súas portas mañá cunha chocolatada navideña, a visita de Mamá e Papá Noel e talleres infantís
4 diciembre, 2024
Mostrar todo

Alvarellos anuncia os primeiros cabezas de cartel do Caudal Fest 2025 entre os que estarán Love of Lesbian, Dani Fernández ou Duncan Dhu

2 diciembre, 2024
Categorías
  • Economía
Etiquetas

A rexedora, acompañada do director do festival, Iván Méndez, desvelou os primeiros artistas confirmados da próxima edición, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro.

Alvarellos: “Esta cita é moito máis que música, é unha oportunidade única para posicionar Lugo como un referente cultural e turístico non só en Galicia, senón en todo o país”.

As entradas poñernase á venda mañá, martes 3 de decembro, ás 13:00 horas en www.caudalfest.es

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou este luns os primeiros artistas e bandas que actuarán na vindeira edición do Caudal Fest, a última gran festa do verán. “Así, no cartel de 2025 xa están confirmados músicos e cantantes da talla de Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante ou Duncan Dhu”, avanzou a rexedora quen estivo acompañada polo edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto; o director de Turismo da Xunta, Xosé Manuel Merelles; o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; e o CEO de Bring the Noise e director do festival, Iván Méndez.

O Caudal Fest 2025 terá lugar os días 19 e 20 de setembro no entorno fluvial do río Miño, consolidado como o terceiro festival máis grande de Galicia e un dos eventos musicais máis relevantes do norte de España. “Tras o éxito da edición deste ano, na que se bateron todos os récords de asistencia e impacto económico, o Caudal Fest segue a consolidarse como o broche final do calendario de festivais do verán en España”, apuntou Alvarellos.

“Esta cita é moito máis que música, é unha oportunidade única para posicionar Lugo como un referente cultural e turístico non só en Galicia, senón en todo o país”, subliñou a rexedora quen engadiu así mesmo que “cada edición do Caudal Fest supón unha oportunidade única para dinamizar a economía local, pois hostaleiros, comerciantes e múltiples sectores da cidade benefícianse da chegada de miles de visitantes que enchen Lugo de vida durante as datas de celebración do evento”.

“Neste senso, na última edición, o Caudal Fest xerou un impacto económico superior aos 8 millóns de euros, grazas á chegada de milleiros de asistentes procedentes de toda Galicia e doutros puntos de España”, apuntou Alvarellos.

“Pero o Caudal Fest é tamén sinónimo de emprego: na súa sexta edición, máis de 600 persoas traballaron directamente na organización e desenvolvemento do festival, xerándose máis de 1.000 empregos indirectos”, subliñou. “Esta foi a edición máis exitosa ata o de agora, tanto en impacto económico como en volume de asistentes, reunindo a máis de 40.000 persoas, o que provocou que os establecementos hoteleiros da cidade acadaran un 100% de ocupación, obrigando a moitos visitantes a buscar aloxamento en municipios próximos”.

Despois de bater todos os récords na edición de 2024, Caudal Fest espera superarse novamente e seguir sendo un dos festivais máis importantes do norte de España. O Concello de Lugo continuará a ser, como dende a primeira edición, o principal promotor público do festival e Estrella Galicia o principal patrocinador privado do evento.

Primeiros artistas confirmados

Love of Lesbian é o grupo que todos queren ter nos seus festivais en 2025. Os cataláns presentarán «Ejército de Salvación», un dos discos máis destacados de 2024, nunha xira que será clave a nivel nacional. Unha banda moi querida polo público do festival, regresará a Lugo no vindeiro setembro.

Dani Fernández, o autor en castelán do que todos falan, presentará «La Jauría» no Caudal Fest. Actuará na contorna fluvial do río Miño, onde milleiros de fans corearán os seus éxitos. Actualmente, é posiblemente o artista máis radiado que pasou polo Caudal Fest.

Os madrileños Carolina Durante tamén estarán no Caudal Fest tralo lanzamento do seu mellor disco ata o de agora, Elige Tu Propia Aventura. Con este traballo, están arrasando nos medios e esgotando entradas por todo o país.

Unha das bandas máis exitosas dos anos 80 e 90, Duncan Dhu, están de volta e actuarán en Lugo da man do Caudal Fest. Mikel Erentxun recupera un repertorio cheo de himnos xeracionais para levalos de novo ao directo. Unha gran noticia para os seus milleiros de fans nostálxicos.

Os asturianos Marlon, unha das bandas de pop máis exitosas do século XXI, tampouco quixeron perder a cita coa música en directo en Lugo.

Niña Polaca, un dos grupos pop máis destacados do indie nacional, tamén estarán no Caudal Fest 2025, respondendo á demanda do público que pediu insistentemente a súa presenza no cartel.

A banda revelación do ano é Alcalá Norte. O seu disco homónimo conquistou tanto á prensa como ao público. O Caudal Fest incluiraos no seu cartel de 2025.

O ex futbolista do Real Madrid e líder de Pignoise, Álvaro Benito, presentará o seu novo proxecto paralelo, Chicle, en Caudal Fest. Unha oportunidade única para velo en directo en Lugo.

Completan este primeiro anuncio ElyElla, The Rapants, Dollar Selmouni e Merino. Con todos estes artistas, o Caudal Fest reafírmase como unha gran aposta pola música en directo en Lugo, consolidándose como a «Última Gran Festa do Verán» non só en Galicia, senón en toda España. Nos últimos anos, o festival converteuse no peche perfecto da tempada de festivais a nivel estatal.

O Caudal Fest será, así, un dos festivais máis grandes, importantes e relevantes do país en 2025. Desde a súa creación en 2018, o evento non deixou de medrar, e afronta 2025 como a súa gran cita. Os próximos 19 e 20 de setembro, Lugo volverá acoller a última gran festa do verán: Caudal Fest.

As entradas para o festival poñernase á venda mañá, martes 3 de decembro, ás 13:00 horas en www.caudalfest.es

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis
12 febrero, 2025

O edificio Impulso Verde acolle dende comezos de ano as instalacións da empresa municipal de vivenda e solo Evislusa


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo