• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Goberno reforzará a plantilla municipal con 114 postos incluídos nas ofertas de emprego público que sacou adiante
15 diciembre, 2018
Outras 40 actividades máis para dinamizar Lugo no Nadal, grazas ao Concello, Deputación e comerciantes
20 diciembre, 2018
Mostrar todo

Adxudicadas as obras de instalación do ascensor do Sagrado Corazón, que comezarán en xaneiro

19 diciembre, 2018
Categorías
  • Desenvolvelugo
Etiquetas
  • Infraestructuras
  • orzamentos

O Goberno de Lara Méndez cumpre cunha forte demanda cidadá con esta actuación, que, no marco do seu modelo de cidade, mellorará a accesibilidade e comodidade dos veciños e veciñas e, polo tanto, a súa calidade de vida

O Executivo ten en marcha a día de hoxe obras en materia de mobilidade por valor de un millón de euros, entre elas, a instalación do ascensor de Fontiñas, a peonalización do entorno da praza da Milagrosa, a reordenación do enlace da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María ou os aparcadoiros disuasorios

O Concello adxudicou as obras de instalación do ascensor do barrio do Sagrado Corazón, que comezarán a acometerse o vindeiro mes. Así o anunciou a Alcaldesa, Lara Méndez, ante os veciños e veciñas que participaron onte nun encontro coa Deputación e o Concello co fin de fomentar a participación cidadá e a transparencia. Os traballos foron adxudicados por importe de 240.000€ á empresa Construcciones Alea.

O Goberno cumpre cunha forte demanda cidadá con esta dotación pública, que, no marco do seu modelo de cidade, mellorará a accesibilidade e a comodidade das persoas que viven nesta zona da cidade e tamén das que nos visitan, en definitiva, a súa calidade de vida, sobre todo a das persoas maiores, que a día de hoxe se encontran con moitas dificultades pola orografía para desprazarse a outras zonas da cidade”, subliñou Lara Méndez. Esta actuación é unha peza central do modelo de cidade do Goberno, máis accesible, cómoda, humana e sostible.

A día de hoxe, o Goberno ten en marcha obras en materia de mobilidade por valor de un millón de euros, como lembrou a rexedora, entre elas, a instalación do ascensor de Fontiñas, a peonalización do entorno da praza da Milagrosa, a reordenación do enlace da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María ou os aparcadoiros disuasorios.

Co ascensor do Sagrado Corazón, que ten un prazo de execución de catro meses dende o inicio das obras, o milleiro habitantes da contorna do barrio gañarán directamente en accesibilidade, pero tamén en comodidade e calidade de vida, sobre todo os maiores. Tamén se beneficiarán desta dotación outras persoas que acudan ao barrio, que conta con diversos servizos básicos, como o colexio, o centro de saúde ou o centro de convivencia.

Na actualidade, na escalinata do Sagrado Corazón, existe un sistema de escaleiras de 3+3 tramos, que salvan un desnivel de 6,75 metros entre a Avenida Adolfo Suárez e a igrexa do barrio. Máis arriba das inmediacións do bloque nº23 do barrio prodúcese o final desta nova intervención, existindo unha diferenza de nivel entre ambos puntos de 11 metros, altura que o Concello salvará coa ascensor.

A entidade local instalará un ascensor con tres paradas para salvar os diferentes niveis: un deles a nivel da praza que dá acceso á igrexa e o outro máis arriba, para enlazar coa cota superior do soportal existente a carón do Salón de Actos do CEIP Sagrado Corazón.

Esta infraestrutura colocarase no punto visual máis achegado á cidade con respecto á Praza, de xeito que se poida observar unha vez que a persoa viandante se vaia achegando ao barrio, cruzando a ponte existente encima das vías do tren.

Panorámico

O ascensor de uso público, que se prevé construír en formato panorámico posibilitando as vistas dende o interior, terá un sistema de embarque pola porta sur e desembarque pola norte nas paradas segunda e terceira, a nivel da praza da igrexa e a carón do colexio. A comunicación entre ambos os dous desembarcos superiores do torreón realizaranse a través de sendas paralelas; unha primeira chegando á Praza, salvando un vano de 5 metros, e outra que salva unha distancia de 16 metros, mediante a construción dunha viga-ponte con estrutura metálica. Na planta baixa prodúcese o acceso ao torreón do ascensor. Nesta área proxéctase ubicar a parada de bus urbano que na actualidade está situada a carón da rotonda de Adolfo Suárez con Serra de Meira. Para elo, a actuación compleméntase coa instalación de mobiliario urbano, conretamente colocando dous  bancos cubertos por unha marquesiña.

Haberá tamén un sendeiro peonil adaptado e aproveitarase para realizar unha limitación efectiva do aparcamento de vehículos nunha área de saída de alumnos do colexio. Tamén se constrúe un tramo de muro e unha escaleira co obxecto de salvar o desnivel que se vai producir na área situada á esquerda da saída do centro educativo.

Gran influencia urbana

Actúase nunha pequena área, 320 metros cadrados, pero con gran influencia urbana, que redundará non só en beneficio da mobilidadade, senón tamén no acabado físico da contorna. Paralelamente, aproveitarase a intervención para mellorar a iluminación existente e os acabados dos materiais, como o que se prevé realizar no soportal existente cuxo teito sufriu danos de humidade, ou o tapado parcial da medianeira. Tamén se aproveitará para redimensionar as escaleiras.

Outras actuacións

No Sagrado Corazón, o Goberno, ademais da instalación do ascensor, ten proxectadas as obras de aglomerado do acceso á contorna da igrexa e executadas as tarefas de pavimentación da rúa Fonmiñá e Piñeiral, cun orzamento conxunto de 100.000 euros.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo