• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro
19 junio, 2025
Mostrar todo

Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre

30 junio, 2025
Categorías
  • Sin categoría
Etiquetas

O Concello vén de licitar por un importe de 32.404,99 € a elaboración dun estudo de viabilidade para desenvolver un modelo de reparto de última milla no municipio.

«Queremos ser referentes en mobilidade limpa, cohesión social e innovación urbana. Socilibre encaixa á perfección coa nosa estratexia de cidade máis sostible, conectada e inclusiva», destacou Miguel Fernández.

Este luns tivo lugar unha nova reunión de seguimento do proxecto, coa participación de representantes do Concello e da Cámara de Comercio de Braga, así como da Cruz Vermella.

O Concello de Lugo continúa a consolidar o seu liderado en políticas urbanas sostibles e inclusivas a través da súa participación no proxecto europeo Socilibre, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Interreg Europe 2021-2027.

Esta mañá tivo lugar unha nova reunión de seguimento do proxecto na cidade, coa participación do alcalde Miguel Fernández, acompañado por técnicos municipais da Área de Dinamización Económica, representantes do Concello e da Cámara de Comercio e Industria de Braga, así como de entidades socias como Cruz Vermella Española e Cruz Vermella de Braga.

O rexedor destacou a importancia do proxecto para avanzar nun modelo de cidade máis humano e sostible: «Socilibre non só aposta pola redución de emisións e a mellora do reparto urbano, senón tamén por ofrecer oportunidades reais de emprego digno para persoas en risco de exclusión social», lembrou.

O Concello de Lugo, que recibe unha asignación de 148.612,86 € dentro do proxecto (dos cales 111.459,64 € son fondos FEDER), vén de licitar por un importe de 32.404,99 € a elaboración dun estudo de viabilidade para desenvolver un modelo de reparto de última milla no municipio.

“A primeira reunión da mesa de contratación celebrouse o pasado 20 de xuño, tras a cal se abriu un prazo de cinco días hábiles para que as empresas presentasen documentación adicional. En total, foron rexistradas 8 ofertas, mostra do interese que está a xerar esta iniciativa pioneira”, apuntou Fernández. A previsión é que a adxudicación se resolva nesta primeira quincena de xuño, tralo cal a empresa seleccionada disporá de dous meses para a elaboración do estudo.

Este documento permitirá sentar as bases para a implantación dunha rede de reparto urbano baseada en bicicletas de carga, con centros loxísticos situados na periferia e operando na nova Zona de Baixas Emisións (ZBE) de Lugo. Esta zona comprenderá todo o interior do recinto amurallado da cidade, que concentra unha importante densidade de comercio, servizos e hostalaría.

A implantación da ZBE implicará restricións de acceso, circulación e estacionamento de vehículos, co fin de mellorar a calidade do aire, reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e o ruído. Neste contexto, o modelo de reparto con bicicletas de carga contribuirá a acadar estes obxectivos ambientais.

Formación e inserción de colectivos vulnerables

O proxecto Socilibre ten como outro eixo principal a formación e inserción laboral de colectivos en risco de exclusión social, en particular persoas refuxiadas e inmigrantes, tanto en Lugo como en Braga. Os beneficiarios integraranse nunha rede loxística de reparto de última milla con vehículos de cero e/ou baixas emisións, facilitando a distribución de mercancías na nova Zona de Baixas Emisións (ZBE).

O encontro deste luns tivo como obxectivo avanzar nas liñas de traballo previstas no marco do proxecto, que está liderado pola Cámara Municipal de Braga e do que tamén forman parte como entidades beneficiarias o Concello de Lugo; a Asociación Empresarial de Braga (AEBraga); a Universidade do Miño; a Empresa Municipal BragaHabit; a Cruz Vermella Lugo e a Cruz Vermella Portuguesa.

Unha estratexia integrada: Lugo Novo Norte

O impulso a esta mobilidade sostible tamén se integra dentro das estratexias do Plan de Actuación Integrado (PAI) de Lugo Novo Norte, que contempla a rexeneración urbana de varios barrios do norte da cidade, a reordenación do tráfico, o aumento de zonas peonís e a mellora da accesibilidade. Entre as actuacións previstas destaca a transformación da Avenida da Coruña nun gran bulevar verde, cunha senda preferentemente peonil que conectará este eixo co centro histórico e co resto da cidade.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

19 junio, 2025

O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro


Ler máis
13 junio, 2025

Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo


Ler máis
1 junio, 2025

O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus


Ler máis

Entradas recientes

  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025
  • Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo 13 junio, 2025
  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • Lugo avanza na implantación dun modelo de reparto sostible apostando pola inclusión social a través do proxecto europeo Socilibre 30 junio, 2025
  • O alcalde e o presidente da Federación de Comercio reúnense para avanzar en iniciativas para o sector ante o remate das obras no centro 19 junio, 2025
  • Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0, a aceleradora de turismo impulsada polo Concello de Lugo 13 junio, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo