• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O CAM de Lugo acolle o xoves 21 a sesión Boas prácticas culturais en residencias artísticas dentro do programa para dar a coñecer esta nova dotación
17 noviembre, 2024
O Concello de Lugo abre o prazo para participar no Mercado de Nadal
22 noviembre, 2024
Mostrar todo

O Arquivo Municipal estrea nova web para facilitar á cidadanía un acceso áxil a este servizo “gardián do patrimonio documental lucense”

21 noviembre, 2024
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
  • Desenvolvelugo
Etiquetas

A páxina https://arquivomunicipaldelugo.gal/ é o resultado do traballo levado a cabo polo obradoiro dual de emprego ‘ArquivaLugo’, promovido polo Excutivo de Paula Alvarellos.

“Os labores efectuados polos tres módulos que integran o obradoiro suporán un antes e un despois para o funcionamento deste servizo municipal”, destacou a rexedora.

Na plataforma poden consultarse, entre outros aspectos, as Actas Consistoriais dos siglos XVI ao XIX, así como a colección fotográfica Delgado Guisasola.

Tamén contén un folleto e rueiro interactivo, “petición constante dos usarios do Arquivo”.

O Arquivo Municipal estrea nova web para facilitar á cidadanía un acceso máis áxil e eficiente a este servizo: https://arquivomunicipaldelugo.gal/. “Esta web é o resultado do traballo levado a cabo polo obradoiro dual de emprego ‘ArquivaLugo’, que puxemos en marcha dende a área de Dinamización Económica do Concello”, explicou a alcaldesa, Paula Alvarellos.

No obradoiro, que chegará ao seu remate este venres –logo de 12 meses–, matriculáronse 20 alumnos, de entre 25 e 61 anos. Conta con tres especialidades formativas: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos; Confección e publicación de páxinas web; e Deseño de produtos gráficos.

A rexedora agradeceu o traballo desenvolto ao longo do último ano polo persoal docente e alumnado que supuxo recuperar dixitalmente 91 libros de Actas Consistoriais comprendidos entre a segunda metade do século XVIII e segunda metade do século XIX e máis de 69.363 imaxes. Neste senso, Alvarellos subliñou que “os labores efectuados polos tres módulos suporán un antes e un despois non só para o funcionamento do Servizo de Arquivo como parte integrante da institución municipal senón tamén para o Arquivo como gardián do patrimonio documental lucense, como institución da memoria que é”.

Deste xeito, a nova páxina web, que integra un folleto informativo, permitirá achegar o Arquivo á cidadanía, facéndoo máis accesible e próximo. “Así, cómpre destacar o papel fundamental da dixitalización das Actas Consistoriais, unha das fontes documentais máis consultadas polos investigadores e documentación fundamental de calquera arquivo municipal, e que pasarán a estar accesibles dende a nova web xunto coa colección fotográfica Delgado Guisasola, enormemente demandada e que está formada por máis de 2.500 imaxes que retratan o Lugo da primeira metade do século pasado” explicou.

Así mesmo, tamén se levou a cabo a dixitalización de licenzas de obra de 1951 a 1954, o que permitirá ofrecer un servizo máis áxil e eficiente a usuarios internos e externos e preservar correctamente a documentación orixinal, evitando a súa manipulación. Estes traballos supuxeron a dixitalización de máis de 900 expedientes de licenzas de obra maior deste período que abranguen un total de 14.061 novas imaxes e que veñen a completar o traballo desenvolto por outros obradoiros de emprego.

“A isto habería que engadir a creación dun rueiro interactivo, petición constante dos usarios do Arquivo dende hai tempo e que axuda, xunto con todo o demais, a conformar unha nova ventá aberta do Concello cara a veciñanza, unha ventá aberta á súa propia historia e á memoria colectiva que compartimos como pobo de Lugo”, concluíu Alvarellos.

Pola súa banda, o edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, engadiu que “con esta capacitación contribuímos a enxalzar o noso patrimonio histórico, neste caso o documental, especialmente tendo en conta o pasado de nosa cidade, e que en moitas ocasións é difícil difundir”. “Ademais, buscamos mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas, a través da súa cualificación, en alternancia coa adquisición de experiencia laboral ao tempo que favorecemos a preservación da nosa historia”, explicou.

Durante o desenvolvemento do obradoiro as e os participantes recibiron o salario mínimo interprofesional. Así, Repetto lembrou que “coa posta en marcha destas iniciativas, non só ofrecemos unha formación remunerada, senón que tamén favorecemos o seu acceso ao mercado laboral, contribuíndo a xerar novos postos de traballo no municipio”.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo