• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Caudal Fest ampliará este ano a súa programación con dúas sesións vermú nas Caldas e no Coliving
9 agosto, 2024
O Concello retoma a adxudicación da cafetería do CEI Nodus e rebaixa o canon aos 500 euros ao mes para facer máis atractiva a concesión
13 agosto, 2024
Mostrar todo

O Executivo de Paula Alvarellos acondicionará 22 sendas rurais e urbanas con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística

10 agosto, 2024
Categorías
  • Desenvolvelugo
  • Economía
Etiquetas

O proxecto contará cun orzamento duns 150.000 euros, financiado con Fondos NextGenerationEU, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Paula Alvarellos: “O obxectivo é crear unha serie de roteiros a través dos que dar a coñecer o noso rico patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e, como non, gastronómico”.

Nunha primeira fase levarase a cabo a xeolocalización dos roteiros e o análise do seu estado actual, e na segunda abordaranse os labores de acondicionamento das sendas, mediante a súa sinalización e a realización de diferentes traballos de mellora.

O Executivo de Paula Alvarellos acondicionará 22 sendas no entorno rural e urbano do Concello de Lugo con cargo ao Plan de Sostibilidade Tutística, “Et edendo, Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”. Así o avanzou a rexedora, quen explicou que “o obxectivo desta iniciativa é crear unha serie de roteiros, adaptados a todas as idades e condicións físicas, a través dos que tanto a veciñanza lucense como as persoas que nos visiten poidan coñecer o noso rico patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e, como non, gastronómico”.

“Deste xeito, as sendas propostas, que contarán con diferentes distancias –dende un quilómetro e medio a máis curta, ata 35 quilómetros a máis longa– percorrerán enclaves estratéxicos do municipio, permitindo aos camiñantes coñecer os principais reclamos turísticos de Lugo, ao tempo que disporán dun compoñente enogastronómico, coa Fábrica da Luz –sede do futuro centro enogastronómico da cidade– como lugar de referencia”.

A iniciativa levarase a cabo en dúas fases, tal e como explicou a rexedora. “Nunha primeira estamos a traballar na xeolocalización dos roteiros e o análise o seu estado actual, ao tempo que se están a dar pasos para a súa homologación; mentres que será na segunda fase cando se leven a cabo os labores de acondicionamento das sendas, mediante a súa sinalización e a realización de diferentes traballos de mellora para garantir o óptimo estado das mesmas”.

O proxecto contará cun orzamento de aproximadamente 150.000 euros, dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) «Et Edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía». Este enmárcase dentro da Estratexia de Sostibilidade Turística en Destinos (ESTD), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado con Fondos NextGenerationEU.

A través desta estratexia, o Concello de Lugo busca non só mellorar a oferta turística, senón tamén promover a conservación e valorización do seu patrimonio enogastronómico. As accións incluídas no PSTD abordan diversas áreas, desde a mellora de infraestruturas ata a formación e promoción, co fin de crear un destino turístico sostible e atractivo.

O obxectivo principal deste plan é converter Lugo nun referente gastronómico e cultural, atendendo ao forte compoñente histórico da cidade, mediante a transformación do sector e a xeración de produtos e experiencias turísticas innovadoras que xeren un relato singular que achegue valor para os turistas. Outra das súas principais finalidades será aproveitar ese impulso para a xeración de emprego, mediante a creación de empresas e proxectos que poñan en valor os recursos gastronómicos, culturais e medioambientais, facendo de Lugo un destino competitivo a nivel nacional e internacional cunha demanda non estacional. Por último, busca redefinir o modelo de desenvolvemento turístico, cara un patrón máis sostible, reducindo a pegada de carbono nas actividades turísticas e acelerando os procesos de dixitalización do sector.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
24 febrero, 2025

Paula Alvarellos mantén un encontro co persoal do obradoiro Salus Lugo, co que 20 lucenses se están a formar no coidado de dependentes


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo