• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
Lara Méndez revalida o seu compromiso coa rexeneración económica e social da Tinería formalizando a continuidade do viveiro empresarial
28 junio, 2023
O Executivo de Lara Méndez impulsa a contratación do alumnado dos obradoiros municipais con incentivos económicos ao tecido produtivo
22 agosto, 2023
Mostrar todo

O Executivo de Lara Méndez abre unha nova convocatoria para o aluguer, en condicións moi vantaxosas, de locais comerciais na Tinería

19 agosto, 2023
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
  • Viveiro de A Tinería
Etiquetas

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá as bases para o alugueiro de seis locais de titularidade pública situados neste barrio do Casco Histórico por un periodo de seis anos.

Deste xeito, a rexedora revalida o seu compromiso coa rexeneración económica e social da Tinería formalizando a continuidade deste viveiro empresarial, que impulsou no 2018.

As rendas, que oscilan entre os 18,59€ e os 133,82€ mensuais, supoñen o 30% do importe total que o Concello pagará ao Instituto Galego de Vivenda e Solo polo uso dos locais.

O executivo de Lara Méndez aprobará na Xunta de Goberno Local deste mércores as bases dunha nova convocatoria para o alugueiro de seis locais comerciais de titularidade pública no barrio da Tinería. Deste xeito, a rexedora revalida o seu compromiso coa rexeneración económica e social desta zona do Casco Histórico, apostando pola continuidade do viveiro empresarial posto en marcha polo Concello no ano 2018.

Neste senso, Méndez lembrou que “o viveiro de empresas da Tinería redundou, até o momento, nunha revalorización do barrio, dun xeito controlado e eficaz por medio dunha economía sostible e de valor engadido que fixo máis atractiva a zona, non só para emprender e traballar, senón tamén a nivel residencial o que tivo un efecto chamada que queremos siga prendido”.

“Así, consideramos que é preciso seguir apoiando a posta en marcha e a continuidade de negocios que creen actividade económica e comercial, e que fagan desta zona un lugar transitado, que sirva de atracción de turistas e de comerciantes”, explicou a rexedora.

Para a cesión destes locais, en condicións moi vantaxosas, o Concello de Lugo, a través da área de Dinamización Económica, asinou un acordo co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que contempla o arrendamento de sete locais de titularidade autonómica, un dos cales, situado na rúa Tinería 36, será empregado polo propio Concello para realizar actividades de dinamización, mentres que os outros seis locais poranse a disposición dos/as emprendedores/as da cidade.

Así mesmo, o Concello reducirá os alugueiros nun 70% sobre o prezo estipulado polo IGVS, de xeito que a renda a satisfacer polos arrendatarios destes locais será o 30% do importe total que o Concello pagará a Xunta de Galicia. Ademais a administración local, asumirá o custo do IBI de todos os locais, e este custo non se repercutirá aos arrendatarios.

“Deste xeito, as rendas oscilarán entre os 18,59 euros mensuais do alguer máis baixo e os 133,82 euros do máis caro”, explicou Mauricio Repetto, responsable da área de Dinamización Económica, quen subliñou que “as bases inclúen como novidade a obligatoriedade de contar cun horario comercial de apertura, que deberá respetarse durante todo o período contractual”.

Unha vez aprobadas estas bases na Xunta de Goberno Local, procederase á súa publicación na páxina web municipal. O prazo de presentación das solicitudes e a documentación que acompañen, será de 20 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Provincia de Lugo. Así mesmo, o Concello organizará unha visita de portas abertas a cada un dos seis locais, cuxa data e horarios serán publicados na web e o taboleiro municipal.

Cada interesado poderá solicitar ata un máximo de dous locais, establecendo un orden de preferencia para levar a cabo nos mesmos a súa actividade empresarial, aínda que os/as  solicitantes só poderán ser beneficiarios/as do alugueiro dun local.

“Esta é a segunda convocatoria que poñemos en marcha, logo de que os locais estiveran ocupados durante os últimos cinco anos, contribuíndo á xeración de novos postos de traballo e ao despegue de proxectos empresariais de diversa índole, que poderán volver a presentarse se o estiman oportuno”, concluíu Repetto.

Procedemento de adxudicación dos locais

O  procedemento de adxudicación da cesión en réxime de aluguer dos locais, será o de concorrencia competitiva. Os  proxectos presentados en tempo e forma, serán avaliados por un Comité Técnico, que valorará as propostas en función das condicións específicas da actividade a desenvolver. Aqueles proxectos que pasen este primeiro filtro, serán avaliados segundo a tipoloxía da empresa e a adecuación da actividade proposta ás características do local, a dinamización comercial da zona, e a súa contribución á xeración de afluencia de público.

Poderán ser beneficiarios/as da cesión de uso dos locais aquelas persoas físicas ou xurídicas, que pretendan desenvolver unha actividade comercial e/ou de negocio nalgún dos locais que se poñen a disposición na zona da Tinería, sempre e cando se respecte a Ordenanza de Burgos Medievais.

Así mesmo, as persoas/entidades adxudicatarias dos locais, asumiran pola súa conta os custos do  acondicionamento dos mesmos, de acordo coas características do local e do establecemento comercial que se pretenda abrir, tendo en conta a normativa urbanística que opera na zona de actuación, tanto para a actividade comercial e/ou de negocio a desenvolver, como para o acondicionamento interior e exterior.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo