• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O viveiro de empresas do Concello na Tinería renóvase con artesanía, moda e servizos especializados para seguir dinamizando o barrio
20 noviembre, 2023
O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses
18 diciembre, 2023
Mostrar todo

O mercado de Nadal volve á Praza Maior para dinamizar o comercio de proximidade con actividades infantís e espectáculos para as familias

1 diciembre, 2023
Categorías
  • Economía
Etiquetas

Lara Méndez pon en marcha de novo esta iniciativa, ante o éxito da primeira edición celebrada en 2022 e que supuxo un importante pulo económico para os participantes.

“Buscamos crear un ambiente festivo que contribúa á promoción da cidade e a atraer visitantes, ao tempo que promovemos os produtos e servizos locais”, subliñou a rexedora.

Ademais das casetas, a disposición dos comercios de balde en quedas semanais, ambientarase a praza, instalarase un poboado navideño e activaranse actividades infantís.

A Praza Maior acollerá dende o vindeiro mércores, 6 de decembro, e ata o 5 de xaneiro, un mercado de Nadal composto por 20 casetas de madeira que se porán a disposición dos e das comerciantes lucenses, de maneira gratuíta, e un poboado navideño, formado por outros cinco stands, onde os cativos e cativas poderán visitar ao Sr. e Sra. Claus e ao emisario dos Reis Magos, Ben-Alí, ademais de gozar de actividades e obradoiros para diferentes idades.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este venres da posta en marcha, por segundo ano consecutivo, desta iniciativa coa que o executivo municipal busca dinamizar o comercio local e de proximidade, ao mesmo tempo que ofrece unha alternativa de ocio e lecer para o conxunto da cidadanía, especialmente para as familias e os nenos e nenas, con actividades de animación e entretemento como maxia, contacontos e espectáculos diversos que manterán ao longo dun mes o espírito navideño.

Neste senso, a rexedora subliñou que “con este mercado buscamos crear un ambiente festivo e acolledor, que contribúa á promoción da cidade e a atraer visitantes doutras zonas de Galicia, ao tempo que promovemos e ofrecemos un magnífico escaparate para a calidade dos produtos e servizos dos establecementos lucenses nun dos espazos máis emblemáticos e transitados do municipio”.

Méndez lembrou “a magnífica acollida desta iniciativa, que se celebrou por primeira vez na cidade o pasado Nadal, acadando non só un éxito de público e afluencia –motivo  polo cal decidimos apostar novamente pola súa celebración–, senón tamén un importante pulo económico para os parciticipantes, uns 40 comercios de todo o concello, que incrementaron de media a súa facturación un 40%”.

“Froito dos bos resultados acadados, numerosos comerciantes xa mostraron o seu interese en participar no mercado deste ano, mesmo antes de que se empezasen a montar as casetas”, destacou a rexedora. Así, quenes desexen instalarse nalgún dos stands poden enviar a súa solicitude a través do correo electrónico cei@lugo.gal. Para outorgar os postos terase en conta tanto a idoneidade e carácter de Nadal dos produtos expostos, como o feito de seren produtos locais ou realizados en Galicia.

A iniciativa, posta en marcha dende a Área de Dinamización Económica, ten un triplo obxectivo:  “visibilizar aos negocios dos barrios na zona máis céntrica da cidade, impulsar as vendas de Nadal nos comercios de proximidade e encher de animación o centro histórico, especialmente pensando nos máis pequenos da casa”, explicou o edil responsable da Área, Mauricio Repetto.

Os espazos ofrécense de xeito gratuíto aos comerciantes interesados, mediante un sistema de rotación semanal, de maneira que se lle dá oportunidade de participar a negocios de todos os barrios da cidade. O horario de apertura e atención ao público das casetas será de 11:00h a 14:30h e de 16:30h ás 21:00h. No caso das festividades: o día 24 e o 31 o horario de peche do mercadiño será ás 14:30h, os días 25 e 1 de xaneiro permanecerá pechado. Así mesmo, os expositores que o desexen poderán ampliar o horario de apertura.

Obradoiros de manualidades

A fábrica de xoguetes dos elfos de Santa Claus estará funcionando a pleno rendemento para todos aqueles pequenos/as que queiran converterse nos seus axudantes. Un recuncho máxico onde participar en ilusionantes obradoiros de Nadal: soñando, inventando e creando.

Os nenos/as que acudan á cabana, poderán facer cada día un obradoiro de manualidades (un diferente cada día) deseñados especialmente para as datas que nos ocupan e con temática de Nadal. Todos/as os participantes levarán de recordo dunha xornada moi especial a manualidade elaborada. Haberá un monitor/a que dará as debidas instrucións de cada obradoiro e axudará na elaboración das manualidades aos participantes.

Realizaranse varias quendas de 15 participantes cada unha.

Programación de espectáculos

Tamén haberá un espazo dedicado ao entretemento, a diversión e á compartir con todos os/as cidadadáns ó espírito de Nadal a través dos seguintes espectáculos:

– 7 de decembro: Maxia. Un microespectáculo infantil, navideño e divertido onde o público participa sen parar. Imposibles xogos visuais mesturados con humor e misterio. Unha viaxe a un mundo onde todo preséntase susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.

– 9 de decembro: “Viaxe encantado ao Polo Norte” (Contacontos) Contos onde se dará a coñecer aos mellores amigos de Santa Claus e todos os seus poderes máxicos, para percorrer tres historias moi especiais de renos, elfos e trasgos.

– 16 de Decembro: Contacontos a cargo da Sra Claus.

– 17 de decembro: “Rescate do Nadal” (Contacontos) Neste espectáculo os nenos/as serán axudantes do taller de Santa Claus, pero hai un problema no Polo norte: non funciona o taller de xoguetes e os renos están enfermos, alguén fixo das súas para danar o Nadal. Unha mestura de historias onde os pequenos/as axudarán a que a maxia voe e o Grinch non se salga coa súa.

– 23 de decembro: Maxia co Mago Roberto Lolo. Un show onde se mesturan diferentes estilos de maxia con moita diversión, risas e improvisacións.

– 30 de Decembro: Contacontos con Profe Alba.

Paralelamente, haberá exhibicións de música e baile de diferentes escolas e asociacións de Lugo no Templete e inmediacions da Praza Maior e degustacións de chocolate e viño quente.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

6 marzo, 2025

O Executivo Municipal adxudica as obras para converter a Fábrica da Luz nun moderno centro de enogastronomía


Ler máis
18 febrero, 2025

Mauricio Repetto pon en valor a iniciativa do Grupo Lence de impulsar en Lugo o desenvolvememento de solo industrial con certificado de sostibilidade


Ler máis
12 febrero, 2025

O edificio Impulso Verde acolle dende comezos de ano as instalacións da empresa municipal de vivenda e solo Evislusa


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo