• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense
5 marzo, 2024
O Executivo de Paula Alvarellos incorpora seis novos proxectos empresariais ao CEI-Nodus municipal
16 marzo, 2024
Mostrar todo

O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, convoca o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia

12 marzo, 2024
Categorías
  • Europe Direct Lugo
Etiquetas

O certame, organizado conxuntamente co Europe Direct da Coruña, celebra a súa décimo primeira edición baixo o lema “Europa preto de ti”.

Para participar as fotos deben enviarse ao correo cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com dende onde serán subidas automaticamente á páxina de Facebook do concurso.

Cada centro fará entrega de dous premios, cun total de 4 premios individuais a repartir: os gañadores recibirán unha cámara de fotos e os segundos clasificados unha tablet.

O centro municipal de información europea, Europe Direct Lugo, situado no CEI Nodus, convoca conxuntamente co Europe Direct da Coruña o XI Concurso de Fotografía Cidadanía Europea en Galicia baixo o lema Europa preto de ti, co obxectivo de que os participantes presenten obras que simbolicen como a Unión Europea está presente no seu día a día.

Neste senso, o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, convidou á cidadanía a participar e “achegar a súa visión da UE a través dos seus obxectivos” ao tempo que destacou que este certame busca “fomentar a expresión artística e servir como testemuña visual da importancia de formar parte da Unión Europea”.

O concurso de fotografía estará aberto a toda a cidadanía residente en Galicia maior de idade ata o vindeiro 11 de abril, ás 14:00 horas. Con motivo da súa décimo primeira edición, o certame convida a representar nunha imaxe a proximidade da UE, a través das súas liñas de axudas, programas de emprego, etc., tendo en conta que este ano 2024 terán lugar os comicios europeos e ademais celébranse dous aniversarios destacados:

–          30 anos de EURES: A rede europea de servizos de emprego celebra 30 anos axudando ás persoas para atopar emprego en Europa e aos empregadores para atopar persoal. EURES é unha rede de ao redor de 1.000 asesores de servizos de emprego con presenza en 31 países. Facilita a liberdade de circulación de persoas por motivos laborais.

–          20 anos da gran ampliación: o 1 de maio de 2024 cúmprese o vixésimo aniversario da ampliación da Unión Europea cara a Europa Central e Oriental, Chipre e Malta. Nesa data incorporáronse á Unión Europea dez novos países e ao redor de 75 millóns de habitantes. Esta expansión foi denominada o “big bang” cando a UE pasou de quince a vinte e cinco estados membros.

Cada participante poderá presentar unha ou varias fotografías ou unha ou varias montaxes de fotografías, que serán orixinais, únicas e inéditas. As fotografías deberán enviarse ao correo electrónico cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com, acompañando o formulario de participación, dende onde serán subidas de maneira automática á páxina de Facebook do concurso. As bases e toda a información atópanse na web: www.europedirectlugo.com

O xurado estará composto por 5 persoas: dous representantes de cada Europe Direct organizador e un experto en fotografía e para a elección das obras gañadoras teranse en conta os seguintes criterios: Adecuación á temática, calidade, orixinalidade e a mensaxe transmitida. Ademais de valorar tamén a mensaxe europea, a presentación artística e a aplicación pedagóxica do seu contido. Os nomes das persoas gañadoras serán publicados na páxina de Facebook do concurso o día 18 de abril de 2024.

Cada centro Europe Direct fará entrega de dous premios, cun total de 4 premios individuais a repartir: os gañadores recibirán unha cámara de fotos e os segundos clasificados unha tablet.

Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

11 noviembre, 2024

Lugo, protagonista da plataforma-documental Future of Timber, sobre a construción en madeira en Europa, da fundación Built by Nature


Ler máis
26 junio, 2024

O Concello adhírese á rede Construír Europa coas Autoridades Locais para intensificar a comunicación e difusión da UE no municipio


Ler máis
25 abril, 2024

Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo