• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
O Concello organiza este xoves o primeiro seminario online dirixido a autónomos e pemes para fortalecer as súas empresas cando reabran
21 abril, 2020
O Ministerio de Industria pon en valor o proxecto pioneiro do Concello de Lugo para asesorar online a autónomos e emprendedores co fin de reforzar os seus negocios
23 abril, 2020
Mostrar todo

O Concello organiza un concerto online da man de Rodrigo Cuevas e Laura LaMontage, con motivo do Día de Europa

21 abril, 2020
Categorías
  • Europe Direct Lugo
Etiquetas
  • dia de europa

A iniciativa, promovida polo Goberno de Lara Méndez, busca por en valor o papel da UE especialmente nestes momentos de crise sanitaria internacional, ao mesmo tempo que se fomenta a idea de solidariedade e multiculturalismo

A elección dos artistas pon de manifesto a aposta decidida do executivo por potenciar aos referentes da música local e da cultura folk e o ámbito rural.

A emisión en streaming de ambas actuacións poderá seguirse a través das redes do Concello de Lugo

O artista asturiano, Rodrigo Cuevas, e a lucense, Laura LaMontagne, ofrecerán un concerto online, organizado polo Concello de Lugo, con motivo do Día de Europa, que se celebrará o vindeiro 9 de maio. Esta iniciativa, promovida polo Goberno de Lara Méndez, busca por en valor o papel da Unión Europea, especialmente nestes momentos de crise sanitaria internacional, provocada pola pandemia do coronavirus, e a importancia de permanecer unidos na loita contra o COVID-19. Neste senso, a Comisión Europea está a coordinar unha resposta común, actuando para reforzar os sistemas de saúde pública e mitigar o impacto socioeconómico nos países membros.

O edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, que presentaba a actuación esta mañá xunto a alcaldesa, Lara Méndez, sinalou que “o Concello quere celebrar esta efeméride, a pesar da particularidade de que se teña que desenvolver nun contexto de crise sanitaria, poñendo en valor o eido rural, a cultura folk e a música lucense, de aí os artistas escollidos para protagonizar o evento”.

Cada ano celébrase o Día de Europa coincidindo coa data de aniversario da histórica declaración de Schuman, que tivo lugar en París en 1950 e que sentou as bases do que hoxe en día coñecemos como Unión Europea. Nesta ocasión, ante a imposibilidade de realizar actos a pé de rúa, o Concello de Lugo conmemora esta efeméride organizando dúas actuacións, co obxectivo de fomentar a noción de identidade e pertenza á Unión Europea, especialmente entre a mocidade, promovendo un espectáculo en liña co que transmitir a idea de solidariedade e multiculturalismo que significa pertencer á UE.

Rodrigo Cuevas é un dos referentes nacionais da música folk, un férreo defensor do rural e do mundo tradicional. Ven de presentar o seu novo disco Manual de Cortejo no Cume Mundial do Clima celebrado en decembro en Madrid. A través das súas actuacións busca poñer en valor e potenciar o norte peninsular. Mentres que, pola súa parte, Laura LaMontagne é un dos talentos musicais lucenses, unha artista multidisciplinar con gran proxección. A emisión en streaming de ambas actuacións poderá seguirse a través das redes sociais do centro de información europea Europe Direct-Lugo (Youtube, Facebook, Twitter e Instagram).

Europe Direct-Lugo, situado no antigo cuartel de Garabolos, forma parte da rede de Centros de Información da UE. É o punto dende o que o Concello ofrece un servizo de proximidade que permite aos cidadáns obter información, asesoramento, axuda e respostas as súas dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiación da Unión Europea.

Os artistas

Rodrigo Cuevas (Oviedo, 1985) é cantante, compositor, acordeonista e percusionista.  No ano 2012 editou o seu primeiro traballo en solitario Yo soy la maga, que xa apuntaba algunhas das intencións sonoras e estéticas que ata hoxe seguiu explorando o artista:  revisitación, posta ao día, translación ao contemporáneo dun patrimonio cultural e musical extremadamente rico, o da música folk, o da tradición.

Utiliza a arte popular tradicional como unha parte máis do espectáculo, quizais o alicerce fundamental xunto á electrónica, o cabaret, o monólogo, o humor e o teatro. E a través deles expón cuestións que lle preocupan como a desconexión cos nosos devanceiros e leva a escena a sabedoría que se fraguou a base de ensaio-erro durante centos de anos de humanidade, isto é, a conexión coa natureza e co mundo rural.

Cóntanse por centos de miles de reproducións algunhas das súas aparicións televisivas -en Cantadera e en Pieces de TPA, en Hable con Ellas de T5, no Luar da TVGA, en Noticias 4 ou no Late  Motiv de Andreu Buenafuente- así como dos seus vídeos, e, entre eles, o máis reproducido, o auténtico fenómeno viral que foi Verdiciu.

Laura  LaMontagne (Lugo, 1993) é unha cantante, poetisa e amateur do audiovisual. Descubriu no acto de recitar un lugar idóneo para a expresión artística grazas a asistir aos recitais santiagueses de Caldeirería 26, Serpes na Cachola e os Slam Poetry de Compostela e, máis recentemente, á Noite Poética de Lugo.

Durante o ano 2018 comezou o seu proxecto en solitario no que mestura audiovisual, poesía e música. Tamén traballou no curto experimental da realizadora Sara Iglesias “Os Remedios”, co-gañador no concurso de creación de curtos exprés “A Fume de Carozo”. Protagonizou o  videoclip da canción “Papá Bébedo” da banda galega Ataque Escampe, e traballou como actriz na ópera prima de Anxos Fazáns “A Estación Violenta”, na cal a súa canción “Azulexos” forma parte do universo musical da película.

Máis recentemente protagonizou, xunto a Frank Sieiro, o curto experimental “O Acto de Ver” da directora novel Noemí Iglesias (Pontevedra) e traballou xunto a Carmen Conde na execución musical do seu espectáculo “Tabú”, con composicións musicais que mesturan cantigas galaico-portuguesas, cantigas populares galegas e ata o poema de Rosalía de Castro “A  Xustiza  pola  man” con ritmos e efectos de estilo electrónico.

Audio

  • O edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, sobre o Día de Europa| Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

11 noviembre, 2024

Lugo, protagonista da plataforma-documental Future of Timber, sobre a construción en madeira en Europa, da fundación Built by Nature


Ler máis
26 junio, 2024

O Concello adhírese á rede Construír Europa coas Autoridades Locais para intensificar a comunicación e difusión da UE no municipio


Ler máis
25 abril, 2024

Medio centenar de estudantes lucenses participán na xornada sobre sobre desinformación e fake news co politólogo Pablo Simón


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo