• Inicio
  • Proxectos
    • Transversais
      • Arqueo Lucus
      • Muramiñae
      • Lugo Smart
    • Emprendemento
      • Inicia Coworking
      • Dinamización da Tinería
    • Emprego
    • Rematados
      • AFD 2017 – 2018
      • Contrato feito!
      • Empregalia
      • EmpregaTIC
      • Escola rural
      • Escola solidaria
      • Eurotroco
      • Fórum 4.0
      • Keep Moving!
      • Lugo, abrindo camiños
      • Lugo cidade próxima
      • Lucus Mundi
      • Lugo Emprego Activo
      • Lugo Cóidate
      • Lugoqualitas
      • Muralla de papel
      • Muralla Dixital
      • Muralla romana
      • Proxecto Parque
      • TIC Arqueolóxico
      • Urban
      • Young Lab
  • Axudas e subvencións
  • Novas
  • Espazo Lab > Emprego
    • O espazo lab
    • Proxectos e Obradoiros de emprego
    • Formación
      • Obradoiros formativos
      • Outras accións formativas
    • Orientación laboral
    • Axencia de colocación
  • Cei Nodus – Emprendemento
    • O Cei-Nodus
      • Sobre o Cei-Nodus
      • Reserva de espazos
      • As nosas empresas
      • Emprendedores
        • Admisión
        • Lanza o teu proxecto
    • Difusión da cultura emprendedora
    • Creación de empresas
    • Consolidación de empresas
  • Europe Direct Lugo
  • Eventos
22 emprendedores lucenses comezan a súa formación ‘en liña’ e gratuíta co V Inicia Coworking do Concello e a EOI
2 abril, 2020
O Concello organiza este xoves unha videoconferencia con asesorías lucenses para informar sobre as axudas do Plan Reanima
14 abril, 2020
Mostrar todo

O Goberno de Lara Méndez axudará a emprendedores e pemes a reforzar as súas empresas para cando abran as súas portas

9 abril, 2020
Categorías
  • Cei Nodus - Emprendemento
Etiquetas
  • coronavirus

O Concello de Lugo, en colaboración coa EOI, lanza un proxecto pioneiro en España para asesorar ao tecido empresarial co fin de minimizar o impacto da crise

A alcaldesa sostén que o obxectivo é que, aproveitando o cese da actividade,  os pequenos empresarios poidan facer de xeito gratuíto un análise de diagnose e enfoque con consultores expertos para consolidar os seus negocios

A estratexia, que estará coordinada pola área de Desenvolvemento Local e Emprego, a cargo do edil Mauricio Repetto, lanzarase en torno ao día 20 vía on line

O Goberno de Lara Méndez porá en marcha unha nova iniciativa encamiñada a paliar os efectos da alerta sanitaria, especialmente entre os pequenos comercios e autónomos de Lugo, entre os máis afectados polo brote de COVID-19. Trátase dun proxecto pioneiro en España mediante o cal o Concello de Lugo, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), ofrecerá asesoramento gratuíto ás persoas autónomas, microempresas e pequenas empresas, para minimizar o impacto da crise e facilitar que, unha vez superada a situación actual, saian reforzados.

Así o explicou a alcaldesa, quen subliñou que se están a desenvolver todos os esforzos posibles para mitigar os efectos da pandemia na economía da nosa cidade. “Debemos converter este momento de crise nun momento de oportunidades, por iso ofrecemos ao actores do noso tecido empresarial a posibilidade de aproveitar o cese da súa actividade para realizar un valioso traballo de diagnose que lles permita coñecer os puntos débiles e os fortes dos seus negocios para reimpulsalos cando poidan volver abrir as súas portas”, sostivo.

A rexedora avanzou que este labor de diagnose xa a están a realizar as grandes empresas, “pero os pequenos empresarios teñen máis problemas para afrontar este investimento, por iso farémolo desde o goberno municipal de xeito gratuíto”.

Neste senso, a área de Desenvolvemento Local e Emprego, a cargo do edil Mauricio Repetto, deseñou este programa de consolidación empresarial, que será impartido por titores e consultores da EOI de forma desinteresada. Será unha experiencia piloto que durará un mes e medio e que, de ter éxito, se consolidará no tempo.

Toda a actividade desenvolverase en liña mediante seminarios web de temáticas especialmente pensadas para o tecido empresarial lucense e para o momento actual. Están deseñados para apoiar a micropemes e autónomos, ofrecéndolles ferramentas que lles axuden a enfrontarse á situación actual e a reactivar os seus negocios.

Mauricio Repetto explicou que se trata “de consultorías 100% online, nas que haberá unha primeira fase de diagnóstico e un experto se reunirá co empresario/a para a realización dun análise completo da situación actual co obxecto de detectar, tanto as áreas potenciais de mellora, como a capacidade de reorientación da empresa; e unha segunda fase estratéxica, na que desenvolven un plan de reimpulso da súa actividade axustado ás súas necesidades e recursos”.​​

Ademais, as empresas poderán realizar consultas en liña con expertos na materia que, voluntariamente, participan na iniciativa para abordar diferentes cuestións tanto técnicas, legais, financeiras, como de márketing, comunicación ou branding.

Os seminarios ou webminar impartiranse a través da plataforma e-learning que actualmente xa ten en marcha a EOI e o Concello de Lugo para a formación de emprendedores a través do programa Inicia Coworking.

Audio

  • A alcadesa Lara Méndez, sobre o proxeto de consultoría «CEI + EOI» | Descargar mp3
Share
desenvolvelugo
desenvolvelugo

Novas relacionadas

18 enero, 2025

O Executivo de Alvarellos recibe 6 ofertas para xestionar o programa de aceleración TurisTalent 5.0, que serán avaliadas por un comité mixto


Ler máis
3 enero, 2025

A cafetería do CEI Nodus reabre con éxito tras a súa adxudicación e volve a ofrecer servizo aos usuarios do centro e á cidadanía lucense


Ler máis
28 noviembre, 2024

Paula Alvarellos felicita ao persoal do CEI-Nodus polo seu 20 aniversario “grazas ao seu esforzo moitas ideas convertéronse en realidades que xeraron emprego e riqueza”


Ler máis

Entradas recientes

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025
  • Miguel Fernández: “A apertura de Primark confirma que Lugo é unha cidade atractiva para o investimento e a creación de emprego” 16 mayo, 2025

Categorías

  • Cei Nodus – Emprendemento
  • Desenvolvelugo
  • Economía
  • Espazo Lab>Emprego
  • Europe Direct Lugo
  • Sin categoría
  • Viveiro de A Tinería

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

© Concello de Lugo

Plaza Maior, nº1
27001 Lugo
Telf 982 297 100

cei@lugo.gal

 

Política de privacidade

Aviso legal

Mapa web

Espazo Lab > Emprego

Cei Nodus – Emprendemento

Europe Direct Lugo

Últimas novas

  • O Concello solicita á Comisión a continuidade do único centro oficial de información europea en Galicia, que acolle o CEI-Nodus 1 junio, 2025
  • O Concello de Lugo avanza na súa consolidación como Destino Turístico Intelixente co aval do Ministerio de Industria e Turismo 27 mayo, 2025
  • O Concello de Lugo e FADAS abren o local da Tinería para a venda de vestimenta do Arde Lvcvs confeccionada por colectivos vulnerables 21 mayo, 2025

Arquivos

  • junio 2025
  • mayo 2025
  • abril 2025
  • marzo 2025
  • febrero 2025
  • enero 2025
  • diciembre 2024
  • noviembre 2024
  • octubre 2024
  • septiembre 2024
  • agosto 2024
  • julio 2024
  • junio 2024
  • mayo 2024
  • abril 2024
  • marzo 2024
  • febrero 2024
  • diciembre 2023
  • noviembre 2023
  • octubre 2023
  • septiembre 2023
  • agosto 2023
  • junio 2023
  • julio 2021
  • abril 2021
  • marzo 2021
  • febrero 2021
  • enero 2021
  • diciembre 2020
  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • septiembre 2020
  • agosto 2020
  • julio 2020
  • junio 2020
  • mayo 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • diciembre 2019
  • noviembre 2019
  • octubre 2019
  • septiembre 2019
  • agosto 2019
  • julio 2019
  • junio 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • marzo 2019
  • febrero 2019
  • enero 2019
  • diciembre 2018
  • noviembre 2018
  • octubre 2018
  • septiembre 2018
  • agosto 2018
  • julio 2018
  • junio 2018
  • mayo 2018

Tweets by desenvolvelugo

© 2018 Concello de Lugo