Orientación laboral

O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lugo no Espazo Lab presta unha atención personalizada a todas aquelas persoas que participan nos distintos programas de inserción sociolaboral que desenvolve este servizo.

Na sociedade actual, a globalización e a forte especialización fomentan no mercado laboral unha alta competitividade e constantes variacións nas tendencias do traballo. Fronte a esta situación, a figura do orientador laboral ofrece solucións personalizadas aos traballadores e traballadoras e ás persoas demandantes de emprego co fin de axudarlles a mellorar as súas capacidades e adaptar os perfís profesionais ás necesidades do mercado laboral, para situar a cada persoa no ámbito profesional máis idóneo segundo as súas características (formación, habilidades, expectativas laborais…) e a súa contorna socioeconómica.

Os usuarios e usuarias reciben unha atención individualizada que trata de adaptarse as súas necesidades e lles serve para organizar dun xeito racional a busca de emprego e a seleccionar as actividades necesarias para mellorar os seus coñecementos e as súas habilidades.

Para iso, o equipo do Espazo Lab realiza titorías individualizadas para coñecer  en profundidade a situación da persoa para establecer conxuntamente as liñas estratéxicas que deberá seguir para que a súa inserción sexa o máis efectiva posible. En función de cada perfil, analízase o curriculum vitae, elabóranse cartas de presentación, realízanse prácticas de entrevistas de selección, etc., para que as persoas demandantes coñezan e dominen os instrumentos e as estratexias máis efectivas para realizar unha busca de emprego de forma activa, organizada e planificada.

Outra función fundamental dos orientadores/as municipais é a mediación entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.

Para máis información diríxete a:

Guía básica de orientación laboral

Atopar un traballo hoxe en día non é fácil, e non falemos xa si se trata dun traballo que se adapte as nosas necesidades, á formación que temos, etc… Por iso, con esta guía o que se pretende é que, cando atopes a oferta dese traballo ideal, teñas recursos para poder optar ó posto e non te quedes atrás por non saber redactar unha carta de presentación ou facer ben un currículo. É importante tamén que prepares ben a entrevista de traballo xa que é dos pasos máis importantes para optar a un posto determinado. Nesta guía atoparás as preguntas máis comúns que se soen presentar.

A carta de presentación é unha ferramenta de busca de emprego, coa finalidade de presentar unha candidatura a unha empresa. Coa carta de presentación temos que suscitar o interese necesario a quen a le, para que desexe ler despois o currículum vítae ó que acompaña.Por elo, ten unhas características determinadas en canto a súa elaboración:

  • Debe ser curta: Non debemos cansar nin aburriró lector.
  • Debe ser ordenada: Trataremos de evitar que olector teña que ler varias veces a nosa carta para facerse unha idea do que queremos dicir.
  • Debe ser clara: Esta claridade lograrémolamediante a estrutura que demos á carta.
  • Debe ser directa: Nada de dar voltas sobre unhamesma idea, nin repetir datos do C.V. O nosoobxectivo é chamar a atención para que sexa o lector quen logo desexe lelo.

Coa carta de presentación o que faremos é “vendernos”. Somos á vez comercial e produto e por elo debemos intentar satisfacer ó cliente. Non debemos ser pedantes cos nosos logros, nin polo contrario dar mágoa a quen o le. Debemos facernos valer e amosar que nos necesitan. Existen distintos modelos de carta, dependendo do obxectivo específico da mesma. Cando atopamos un anuncio en prensa, ou nun boletín, etc., é dicir, cando vemos unha oferta de emprego que nos interesa publicada, enviaremos unha carta de contestación ó anuncio. O máis importante deste modelo de carta, é que fagamos referencia exacta ó lugar e data onde localizamos a oferta. Cando nos interesa que o noso currículum sexa estudado nunha determinada empresa, pero non vimos ningún anuncio que nos diga que necesitan persoal, entón debemos enviar unha carta de auto candidatura, tamén chamada de candidatura espontánea. Ademais é importante a carta de agradecemento, unha vez que participamos nun proceso de selección. Esta carta sirve para agradecer a atención prestada durante dito proceso, a vez que amosar que seguimos interesados en formar parte do persoal da empresa. En canto á imaxe, debemos ter en conta os seguintes aspectos básicos.

  • Debemos presentar a carta nun só folio e escritoa ordenador (si non no lo piden a man) e por una soa cara. 
  • Sempre enviaremos orixinais. Ademais debemos reflectir en cada carta, o nome e os datos identificativos da empresa á que enviamos onoso curriculum e firmaremos cada unha das cartas que enviemos. Debemos facer ver que nos tomamos a molestia de enviar unha cartapersonalizada a cada empresa, demostrando así o noso interese.
  • É unha gran vantaxe coñecer á atención de qué persoa determinada debemos enviar a carta, para que esta chegue ás mans adecuadas o máis rapidamente posible. Si descoñecemos o nome da persoa responsable, dirixiremos a carta ó departamento de Recursos Humanos da empresa que nos interese.

O Curriculum vitae (C.V.) é a ferramenta básica da busca de emprego. Trátase de redactar de forma clara e visualmente rechamante, a nosa traxectoria profesional, os nosos intereses e as nosas actitudes e habilidades persoais. En canto á redacción: debe ser breve, clara, con frases que non sexan moi longas, esquemático y organizado. Do que se trata cun C. V. é que lelo, a persoa a quen se lle dirixe, sexa capaz de saber todos os datos máis interesantes de cara o posto de traballo, cun só golpe de vista. Para elo axudarémonos das letras en negriña e das maiúsculas.

CURRICULUM CONSELLOS Á HORA DE REALIZAR O CURRICULUM

  • Substituír a data de nacemento pola idade.
  • Ordenar a información de presente a pasado.
  • Non envíes xamais os certificados de estudos nin os de «boa conduta».
  • Indica as túas motivacións e intereses profesionais.
  • Non poñas nunca as túas expectativas salariais.
  • Redáctao pensando no posto ó que optas ou no teu obxectivo profesional.
  • Acompaña sempre cunha foto.
  • Si tes un nivel baixo en idiomas ou informática, non poñas nada, pois iso pódete prexudicar.
  • Pon sempre a duración (datas) dos estudios e traballos realizados.
  • Debes ser sincer@ e non abuses dos eloxios; ante todo humildade.
  • Utiliza unha linguaxe directa e positiva sempre en terceira persoa, nunca en primeira.
  • Utiliza un vocabulario preciso pero sinxelo.
  • Coida que non teñas faltas de ortografía.
  • Debe resultar fácil de ler (destaca os títulos e subtítulos).
  • Non debe ocupar máis de dúas páxinas (si superas este límite, elimina toda información que non estea relacionada de algunha xeito co posto buscado) e en todo caso inclúe un anexo.
  • Revisa que destacaches os teus puntos fortes.
  • Os datos que inclúas por suposto deben ser certos e coherentes co posto que buscas.

É a parte máis importante do proceso de selección e a última fase antes da decisión por parte da empresa, por elo temos que ter moi claro non só o obxectivo da empresa senón tamén o noso. A empresa tratará de saber máis de ti e de comprobar detalles, pescudar si es o adecuado para o posto, descubrir si podes, sabes e queres ocupar o posto e si es compatible coa empresa. Nos temos que demostrar o que sabemos, que podemos e queremos o posto.

Novas Tecnoloxías

É importante que saibades ónde facer a busca, por iso aquí aparecen algunhas páxinas para axudarvos.

Bolsa de emprego

Actualmente, estase a realizar unha bolsa de traballo común para o Concello de Lugo, unha vez finalizada, poderedes encontrar neste portal web varias ofertas de traballo, có único requisito de estar dados de alta coma usuarios en http://www.lugo.es