Desde o Concello de Lugo, realízase durante todo o ano unha ampla oferta de cursos de moi diversas materias, co obxectivo de que todos os cidadáns teñan acceso a unha formación adecuada as súas necesidades.
InteracTICvate
Formación de 20 persoas en dúas especialidades: Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais e Producción Fotográfica. Para a súa execución contrátanse a tres persoas, entre dirección e monitores.
Duración: 9 meses
FORUM 4.0
Formación de 16 persoas, ademais da contratación de outras tres para a súa execución, entre dirección e monitores. As especialidades son Confección e Publicación de Páxinas Web e Xestión de Márketing e Comunicación