AFD 2017 - 2018

Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio

Cada curso, que se desenvolverá no Espazo Lab, conta con 618 horas formativas, das que 120 serán prácticas e 18 de formación transversal. É imprescindible estar desempregado e anotado nas Oficinas de Emprego

O Goberno de Lugo porá en marcha dous novos cursos enmarcados dentro do programada de Accións Formativas dirixidas prioritariamente a desempregados na comunidade autónoma de Galicia (AFD), subvencionados pola Consellería de Economía,  Emprego e Industira. Trátase das accións formativas de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, que formarán a 30 persoas, e que á finalización do mesmo recibirán un certificado de profesionalidade, unha ferramenta útil á hora de buscar emprego.

Cada curso conta con 618 horas formativas, das que 120 serán prácticas en empresas luguesas e 18 de formación transversal sobre inserción laboral, medio ambiente e corresponsabilidade familiar, así como sobre a igualdade entre mulleres e homes. Con estas actividades, que contan con 15 prazas cada unha, ademais favorécese ás persoas que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral. Comezarán, previsiblemente, a mediados de outubro e desenvolveranse ata abril nas instalacións do Espazo Lab. O requisito imprescindible para as persoas interesadas é estar desempregado e anotado nas Oficinas de Emprego, xa que serán eles os que fagan a primeira selección.

Recollida de CV para impartición de docencia

Ata o día 15 de xullo está aberto o prazo de presentación de CV para a imparticion de docencia de Accions formativas AFD 2017-2018 da especialidad "Atencion sociosanitaria a persoas no domicilio", no caso de que a Conselleria de Economía, Emprego e Industria emita resolución favorable al Concello de Lugo.

As persoas interesadas que reúnan os requisitos requeridos poden presentar a documentación pertinente no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, dentro do prazo sinalado. O anunció da convocatoria pode consultarse no Taboleiro de edictos do Concello.