O Centro de Empresas e Innovación, CEI-NODUS , que botou a andar un 29 e novembro de 2004, é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade co apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais
O edificio, situado no Antigo Cuartel de Garabolos conta con 23 espazos para empresas de nova creación, 5 talleres, 2 laboratorios, 16 locais e un espazo dividido en 4 compartimentos para o Semilleiro e o Coworking.
Que se fixo estes 15 anos?
> Difusión da cultura emprendedora
> Asesoramento a máis de 3.000 proxectos dos que frutificaron 450 empresas, cunha xeración de emprego dunhas 600 persoas
> Creación e consolidación de 105 empresas que crearon 298 empregos directos
> Impulso de sinerxías entre emprendedores
> Formación emprendedora continuada (xornadas, cursos, obradoiros…)
> Colaboracións con outras entidades
> Instalación provisional de proxectos estratéxicos para Lugo
Entre os programas destacan:
> Inicia Coworking (en colaboración coa EOI) tivo catro edicións nas que participaron 86 proxectos.
> “Gira Mujeres” (en colaboración coa Fundación Mujeres e Coca-cola) deu oportunidade a preto de 60 mulleres a dar forma ao seu proxecto emprendedor.
PROGRAMACIÓN 29 DE NOVEMBRO:
– Xornada de portas abertas con visitas guiadas:
Ás 9.30 / 10.00 / 10.30 / 12.00 / 16.00 / 18.00 / 19.00 h. /
– Mesa redonda: De 11.30 a 12.30 h. “Empresa, Emprendemento e Empoderamento Feminino” a cargo da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.
– II Feira de “Nenas/os Emprendedores/as”:
De 16:00 a 18:00 h. organizada pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.
– Ás 18:00 h. actuación infantil de “La Guagua” .
– Taller: De 19:00 a 20:00 h. “Construíndo Futuro” Emprendedoras/es de Lugo trazarán liñas estratéxicas do Cei-Nodus como vertebrador de emprendemento local.
– Concertos baixo carpa iglú!
Laura LaMontagne / 20.30 h.
Baiuca Live Band / 21.30 h.
Natalia Ferviú Dj / 23.00 h.
E algunha sorpresa máis!
*Servizo de autobús gratuíto.