14 marzo, 2019
chatbot lugo

Taller práctico gratuíto sobre os chatbots como ferramenta de apoio a emprendedores o vindeiro luns no CEI-NODUS

Esta iniciativa, froito dos Orzamentos Participativos, continuará o 25 de marzo. Cada taller ten un número limitado de 20 participantes, polo que é preciso inscribirse en norman.veiga@concellodelugo.org. Celebraranse en xornada de mañá, de 10:00 a 14:00 horas
18 febrero, 2019
orzamentos participativos lugo

Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, déronlle a benvida este luns, no Vello Cárcere, ás persoas participantes no segundo obradoiro deFuture Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados dos Orzamentos Participativos, no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á […]
11 febrero, 2019
future jobs lugo

En marcha Future Jobs Tools, a segunda iniciativa de apoio ao emprendemento que escolleu a veiciñanza nos Orzamentos Participativos

Ana Prieto deulle a benvida este luns ás persoas participantes neste proxecto,  no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á súa vida laboral están a coñecer as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas
6 febrero, 2019
26 emprendedores

26 persoas emprendedoras inauguran hoxe a 4º edición do Inicia Coworking para impulsar os seus proxectos, grazas ao Concello e a EOI

Está avalado polas tres edicións anteriores, posto que o 70% dos 58 emprendedores e emprendedoras que xa participaron nesta iniciativa teñen a día de hoxe o seu negocio en marcha e facturando Máis da metade destas empresas foron impulsadas por mulleres. Nesta cuarta edición, que terá lugar ata xuño no CEI-NODUS, e que arrinca hoxe […]
28 enero, 2019
emprendemento orzamentos partivipativos

Arrinca a primeira das 8 actividades de dinamización e apoio ao emprendemento que pediu a veciñanza nos Orzamentos Participativos

Rosana Rielo e Ana Prieto achegáronse este luns ata o CEI-NODUS, espazo municipal que acolle dende hoxe e ata marzo o Programa 3C: Capital Creativo Competitivo Trátase dunha iniciativa que ofrecerá a 20 empresas e persoas emprendedoras asesoramento personalizado para definir e reiventar os seus modelos de negocio
25 enero, 2019
emprendedores cei nodusl ugo

Os trinta emprendedores e emprendedoras do CEI Nodus comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

A trintena de emprendedores e emprendedoras que a día de hoxe están asentados no CEI Nodus do Concello, o que supón o 100% da ocupación, mantiveron este venres un encontro de networking no que “se coñeceron entre eles, así como as fortalezas e debilidades do seu negocio, e compartiron experiencias e solucións, co fin de […]