26 marzo, 2019
xira mulleres lugo

A Xira Mulleres volve a Lugo por segundo ano consecutivo para fomentar o emprego e o emprendemento feminino

Ana Prieto presentou esta iniciativa, coa que colabora o Concello, dirixida a mulleres de entre 18 e 60 anos A programación desenvolverase no CEI-NODUS o 10 e 11 de abril en horario de 09:30 a 14:30 horas. Ofrece ás mullers capacitación e formación para o seu desenvovlemento laboral a través de 3 etapas As mulleres […]
1 marzo, 2019

O Goberno lanza o Muramiñae Rehabilita, un plan de capacitación laboral e obras enmarcado na EDUSI, financiada por fondos FEDER

Coa pretensión de facer de Lugo unha cidade integradora e social, ponse en marcha este plan, dirixido a colectivos en risco de exclusión. Así, o Goberno continúa desenvolvendo actuacións que faciliten a empregabilidade de calidade no municipio A Alcaldesa anunciou o Muramiñae Rehabilita, co que se crearán 3 brigadas formadas por 27 traballadores e traballadoras, […]
15 diciembre, 2018

O Goberno reforzará a plantilla municipal con 114 postos incluídos nas ofertas de emprego público que sacou adiante

Figura un importante número de efectivos dos servizos de protección á comunidade, pois prevese a contratación de 19 bombeiros e 18 policías locais, e tamén de servizos relacionados coas políticas sociais, urbanismo, enxeñería, brigadas, informática ou Administración Xeral
11 diciembre, 2018

O 20% dos mozos e mozas que participaron no programa Empregalia impulsado polo Goberno atopou traballo nada máis acabar a formación

A Alcaldesa e a Concelleira de Economía entregaron os diplomas aos asistentes ás accións formativas impartidas sobre ámbitos profesionais con alta capacidade de inserción laboral, como aplicación e manexo de drons, dinamización de actividades de tempo libre, socorrismo,  hostalería ou xardinería O Concello ten en marcha políticas de emprego por máis de 2M€ que benefician […]
12 noviembre, 2018

Últimos días para inscribirse nos obradoiros de busca de traballo que impulsa o Goberno dentro da Semana Europea de Emprego

O xoves 15 remata o prazo. É preciso enviar un formulario, que pode descargarse en www.lugo.gal, ao enderezo EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou ben entregalo nas instalacións do EspazoLab Os talleres celebraranse entre martes e venres da vindeira semana, no Espazo Lab, en horario de 09:30 a 13:30 horas
5 noviembre, 2018

Inscrición aberta para os novos obradoiros de busca de traballo que organiza o Goberno dentro da Semana Europea de Emprego

As persoas interesadas poden anotarse ata o 15 de novembro. É preciso enviar un formulario, que pode descargarse en www.lugo.gal, ao enderezo EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou ben entregalo nas instalacións do EspazoLab Os talleres terán lugar do 20 ao 23 de novembro no Espazo Lab, en horario de 09:30 a 13:30 horas