
Cursos de Formación Online 2021
Formación gratuíta homologada
O Concello colabora na formación gratuíta de lucenses a través de cursos online homologados pola FUNDAE.
→ As persoas interesadas deberán cubrir o formulario desta páxina e será o SEPE quen autorice a realización dos cursos.
→ Unha vez rematada a formación, os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE acreditando a superación do curso e o número de horas realizadas.
A quen están dirixidos?
As accións formativas son gratuitas e están dirixidas preferentemente a traballadores ocupados (incluíndo persoas traballadoras autónomos e traballadores incluidos no Réximen Xeral da Seguridade Social), persoas en situación de ERTE e persoas desempregadas.
Cada persoa poderá realizar un máximo de 180 horas de formación, repartidas en diferentes cursos, ou ben un único curso de 200 horas.
No caso dos cursos relacionados coas TICs o número máximo de horas a realizar será de 120h.
Máis información
- Avda. da Coruña,500 (Antigo cuartel de Garabolos)
- Tfno.: 982 297 361
- espazolab@concellodelugo.org

Solicitudes cursos xaneiro
Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; inscribirse nunha oferta formativa do Concello de Lugo. A Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Lugo Internet. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información