1 julio, 2020

Mauricio Repetto fixo entrega dos diplomas aos mozos e mozas que participaron no Obradoiro de emprego ATRIUM.TIC

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto fixo entrega esta mañá dos diplomas aos rapaces e rapazas que participaron no Obradoiro de emprego ATRIUM.TIC o cal contou cun presuposto total de 173.553 euros.  O obradoiro estivo integrado por: 1 Director/a, 2 monitores/as e 16 alumnos/as, repartidos nas seguintes especialidades formativas: xestión documental e […]
29 junio, 2020

Últimas prazas para matricularse nos cursos de formación online gratuítos do Concello para lucenses maiores de 16 anos

As solicitudes poden realizarse a través da web www.formatelugo.gal En total ofértanse 50 cursos de 14 áreas profesionais para realizar de forma telemática Fórmate Lugo é a nova iniciativa posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez para mellorar a empregabilidade dos lucenses trala crise derivada da COVID-19
19 junio, 2020

110 locais comerciais e de hostalería de Lugo terán o distintivo de Establecemento de Confianza, tras completar a formación do Concello

Trátase dunha iniciativa pioneira posta en marcha polo executivo de Lara Méndez na estratexia Lugo Seguro para apoiar a sectores especialmente prexudicados pola pandemia No curso, que finalizou hoxe, os participantes adquiriron habilidades e coñecementos para enfrontarse ao novo escenario post COVID-19, da man de expertos e profesionais O 63% dos matriculados son do sector […]
17 junio, 2020

Aberto o prazo para que as empresas interesadas no subministro de material para as obras do Muramiñae Rehabilita presenten ofertas

O Goberno de Lara Méndez iniciou o proceso de contratación da maquinaria e ferramentas necesarias para a execución dos traballos, cun total de 606.000 euros A licitación divídese en catro lotes: subministración de áridos e cementos; subministración de pavimentos, elementos prefabricados e formigóns; subministración de útiles de ferraxería; e alugamento de maquinaria e outros útiles
13 junio, 2020

Este mesmo martes xa será posible inscribirse no Plan Socio Laboral Muramiñae Rehabilita co que o Concello creará 27 postos de traballo

As bases, que se publicarán o luns, 15 de xuño, no BOP e xa se poden consultar na páxina web municipal, darán prioridade á contratación de inmigrantes e minorías étnicas do municipio A iniciativa enmárcase na estratexia DUSI de integración da trama urbana co Miño, que busca tamén a rexeneración económica e social do municipio […]
12 junio, 2020

O Goberno de Lara Méndez oferta 850 prazas de formación online para persoas desempregadas, en ERTE e autónomos

Desenvolvemento Local lanza a plataforma Fórmate Lugo cunha ampla oferta formativa gratuíta con 50 cursos distintos en áreas con alta demanda no mercado laboral A alcaldesa de Lugo anima á veciñanza lucense a reiventarse neste momento de crise derivada do COVID-19 para mellorar a súa empregabilidade O prazo de inscricións abrirá o vindeiro luns, 15 […]