28 diciembre, 2020

O Concello de Lugo colabora na formación gratuíta en novas tecnoloxías a través de cursos online homologados pola Fundae

A planificacón dos cursos é mensual e daranse a coñecer previamente a través das redes sociais do Concello e do Servizo de Orientación Laboral. As persoas interesadas deberán cubrir este formulario. Será o SEPE quen autorice a realización dos cursos. Unha vez rematada a formación, os alumnos recibirán un título homologado pola Fundae acreditando a […]
24 diciembre, 2020

A carta de Nadal de Lara Méndez en apoio do comercio local

A área de Desenvolvemento Local lanza un vídeo para animar aos Reis Magos e a cidadanía á dinamizar á vendas nestas datas nos comercios de proximidade. A alcaldesa de Lugo lanza unha mensaxe co fin de que chegue a toda veciñanza, acompañada de concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno.
18 diciembre, 2020

Aprobado o convenio coa EOI para a posta en marcha da VI edición do programa de lanzamento empresarial Inicia Coworking

A través desta iniciativa o Goberno de Lara Méndez ofrece asesoramento gratuíto e individualizado a lucenses que desexen crear a súa propia empresa A formación comezará, previsiblemente, a finais de xaneiro e en total ofertaranse 22 prazas. Realizarase a través dunha plataforma online ao longo de 5 meses Nas pasadas edicións xa participaron 110 persoas, […]
17 diciembre, 2020

O Concello de Lugo lanza a plataforma de compra online Lugo é Capital con bonos regalo para impulsar as vendas locais este Nadal

Desenvólvese da man da Federación de Comercio e a Asociación de Hostaleiros e nace con 20 establecementos de proximidade inscritos en www.lugoecapital.com A rexedora Lara Méndez convida as tendas do municipio a sumarse a esta iniciativa, “que quere complementar as vendas físicas en tenda neste tempo de pandemia” Mauricio Repetto: “Convidamos a todos os lucenses […]
12 diciembre, 2020

O globo aerostático da campaña de Nadal do Concello xa ofrece viaxes para as persoas que merquen no comercio local

Os interesados deberán rexistrar na web www.lugonadal.com os seus tíckets de compra nos establecementos da cidade e entrarán no sorteo dun voo. Os grupos serán reducidos, máximo 3 nenos/as ou 2 adultos, e os voos faranse sempre mantendo todas as medidas de seguridade.
4 diciembre, 2020

O Concello de Lugo autoriza á hostalaría local a instalar elementos de confort para aclimatar as terrazas durante o inverno

A medida súmase á exención en 2021 do pago da taxa pola ocupación que fan da vía pública con estes espazos. “O obxectivo é aportar solucións ás limitacións que impón a pandemia para garantir a viabilidade do sector e tamén os postos de traballo que xenera”, sinalou a alcaldesa.