20 septiembre, 2018

O viveiro de empresas do Concello na Tinería revitalizará o barrio con actividades con alta capacidade para atraer público

A Alcaldesa anunciou a resolución do comité técnico de valoración das 18 solicitudes presentadas para o aluguer dos locais comerciais que puxo a disposición o Goberno co fin de dinamizar social e economicamente a zona Grazas a esta iniciativa municipal, implantaranse negocios variados, orixinais, innovadores, comerciais e cunha elevada posibilidade de atraer xente tanto de […]
18 septiembre, 2018

O proxecto Life do Concello, premiado no congreso da enxeñaría en madeira máis importante do mundo, en Seúl

Ao abeiro do plan Lugo+Biodinámico, investigadores da USC deseñaron a cuberta gridshell, a primeira do mundo de madeira de eucalyptus globulus, traballo recoñecido agora no WCTE 2018, que se celebra cada dous anos en Seúl
2 agosto, 2018

Presentadas 16 solicitudes de aluguer para os locais comerciais da Tinería

O comité técnico de valoración, composto por técnicos municipais e representantes da Federación de Comercio e a CEL, reunirase á volta do verán. O Concello avanza no obxectivo de dinamizar social e economicamente o barrio de maneira eficaz e controlada a través da posta en marcha deste viveiro de empresas a pé de rúa xestionado […]
4 julio, 2018

O Goberno saca a concurso a cafetería, con vistas á Muralla, do Vello Cárcere e a xestión deste centro sociocultural

O servizo de cafetería poderá prestarse todos os días do ano, de oito da mañá ás doce da noite. Deberá ofertar menús variados e un menú do día, así como produtos de Comercio Xusto, un menú con alimentos de Agricultura Ecolóxica e outro adaptado para persoas celíacas A Xunta de Goberno deu luz verde á […]
2 julio, 2018

O Concello amplía ata o 31 de xullo o prazo para presentar solicitudes de aluguer dos locais da Tinería

Ante a expectación xerada e dando resposta á petición de moitas das persoas interesadas nos 9 inmobles, que precisan máis tempo para preparar as súas propostas Co mesmo obxectivo de facilitar ao máximo a participación, o Goberno convocou para este venres, ás 9:30h, no CEI Nodus, unha xornada informativa aberta con técnicos municipais de Desenvolvemento […]
25 junio, 2018

Nova xornada de portas abertas nos locais comerciais da Tinería ante o interese de emprendedores e empresarios

Os 9 inmobles que aluga o Concello para dinamizar social e economicamente o barrio estarán abertos mañá, de 16.00 a 20.00 horas As solicitudes poderán presentarse ata o 12 de xullo