25 noviembre, 2019

O EspazoLab acollerá dende o mércores unha exposición fotógrafica para concienciar sobre as capacidades laborais das persoas con diversidade funcional

Visibilizar para sensibilizar. Con ese obxectivo o CEI – Nodus inaugurará este mércores, día 27, unha exposición fotográfica coa que a área de Desenvolvemento Local e Emprego quere difundir non só as aptitudes de emprendemento das persoas con diversidade funcional senón tamén as súas potencialidades laborais.
21 noviembre, 2019

Lara Méndez inaugura a I Xornada Speed Networking que facilitou o contacto entre persoas desempregadas con discapacidade e unha trintena de empresas locais

A alcaldesa ratificou “o compromiso manifesto do Concello coa integración social e laboral real das persoas con diversidade funcional”
19 noviembre, 2019

O Espazo Lab do CEI – Nodus acollerá este xoves as primeiras Xornadas Speed Networking para persoas desempregadas con discapacidade

Mauricio Repetto, edil de Desenvolvemento Local, destaca o valor da iniciativa como “marco de intercambio para favorecer contactos entre traballadores e empresas por unha inclusión laboral sen barreiras”
15 noviembre, 2019

Festa 15 aniversario do Cei Nodus

Este aniversario é un punto de inflexión para darlle un novo impulso ao Lugo do emprendemento e queremos celebralo contigo. Acompáñanos!
15 noviembre, 2019

Obradoiros de Semana do emprego

En Lugo celebraremos a semana europea do emprego, do 25 ao 29 de novembro, con obradoiros para a busca de emprego. Solicitude de inscrición  
8 noviembre, 2019

A II Feira de Nenas e Nenos Emprendedores terá lugar o 29 de novembro coincidindo ca celebracion do 15 aniversario do Cei Nodus

O concelleiro de Desenvolvemento Local destacou que con este taller “estes nenos nenas serán os futuros emprendedores” O Cei Nodus conta con 23 espazos para o desenvolvemento da súa actividade por empresas de nova creación: 5 talleres, 2 laboratorios e 16 locais