
Cursos de Formación Online 2021
Formación gratuíta homologada
O Concello colabora, desde o mes de xaneiro, na formación gratuíta de lucenses a través de cursos online homologados pola FUNDAE e que se publicarán mensualmente.
→ As persoas interesadas deberán cubrir o formulario desta páxina e será o SEPE quen autorice a realización dos cursos.
→ Unha vez rematada a formación, os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE acreditando a superación do curso e o número de horas realizadas.
A quen están dirixidos?
1. Os cursos están dirixidos preferentemente a traballadores/as en activo do sector produtivo de referencia.
2. Os/as traballadores/as autónomos e en situación de ERTE ou ERE poderán participar na realización de calquera curso e de calquera sector.
3. No poden participar funcionarios nin persoal das administracións públicas que non estean en situación de desemprego (fixos descontinuos).
Cada persoa poderá realizar un máximo de 180 horas de formación, repartidas en diferentes cursos, ou ben un único curso de 200 h. No caso dos cursos relacionados coas TICs o número máximo de horas a realizar será de 120 h.
Máis información
- Avda. da Coruña,500 (Antigo cuartel de Garabolos)
- Tfno.: 982 297 361
- espazolab@concellodelugo.org

Solicitudes cursos marzo
Responsable do ficheiro: Concello de Lugo. Finalidade; inscribirse nunha oferta formativa do Concello de Lugo. A Lexitimación; é grazas ao teu consentimento. Destinatarios: Os teus datos atópanse aloxados na plataforma de hosting Lugo Internet. As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ao Concello de Lugo, Praza Maior, 1, 27001 – Lugo. Máis información