Este luns ás 16.00h no CEI Nodus comezou a acción formativa “Social media, marketing digital y emprendimiento” impulsada pola área de Desenvolvemento Local e Emprego fruto dun convenio ca Fundación Incyde.
O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten un orzamento de 45.000€, dos que o 80% son achegados pola Fundación Incyde a través da subvención do FSE ( Fondo Social Europeo) e o 20 % restante son fondos propios do Concello de Lugo.
Mauricio Reppeto, deu a benvida ós alumnos e alumnas que recibirán a formación e explicou que o programa está dirixido preferentemente a persoas desempregadas interesadas en optimizar e especializarse en competencias do márketing, emprendedores e emprendedoras que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha, así como empresarios e empresarias do sector que queiran mellorar a competitividade das súas empresas e facelas crecer grazas ás técnicas e oportunidades do márketing dixital e as redes sociais.
O programa baixo o título, “Social Media, Markenting Dixital e Emprendemento” terá unha duración de 6 semanas.
O obxectivo fundamental do curso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa ou Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.
Audio