Ana Abelleira, e o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño, entregaron o pasado mércoles 19 de xuño o premio do concurso de innovación ‘Wonderful’ á empresa lucense ‘Itech Term’, grazas á súa solución innovadora para mellorar o rendemento no sector gandeiro.
O impulso do Centro Comercial As Termas, propiedade de LAR España, en colaboración co Concello do municipio, a través da súa concellería de promoción económica, permitiu desenvolver con éxito a tercera edición deste proxecto, que persegue apoiar e impulsar a innovación como principio esencial do emprendemento e o desenvolvemento das empresas da rexión e que se vén desenvolvendo en Lugo desde o ano 2017.
Wonderful é unha iniciativa de responsabilidade social corporativa impulsada por de LAR España para o fomento da innovación, que desenvolveu simultáneamente nas provincias de Madrid, Toledo, Albacete, Alicante, Barcelona, León, Lugo, Pontevedra, Bizkaia e Valencia.
Nesta ocasión, a startup gañadora na provincia de Lugo foi ‘Itech Term’, que, co seu sistema innovador, composto por sensores que se introducen subcutáneamente ao gando para monitorizarlo de forma automática e remota para poder controlar a súa temperatura e estado, que xunto a algoritmos de intelixencia artificial e big data, poidan controlar en todo momento o estado dos animais y desta forma mellorar o seu rendemento e explotación.
“O premio foi entregado a este Startup, xa que desde As Termas quixemos impulsar e apoiar a un novo negocio lucense, para axudar e facilitar o seu desenvolvemento e progreso nas difíciles fases iniciais, e porque cremos que o sector gandeiro é moi relevante na nosa provincia e agardamos que estas innovacións axuden a mellorar a súa produtividade”, comentou o seu xerente Esteban Patiño.
Elio García, CEO de Itech Term, agradeceu a As Termas e ao Concello de Lugo pola súa aposta por iniciativas como Wonderful, “que axudan ás empresas que están empezando a implementar as súas innovacións”.
Os premios
O concurso ‘Wonderful’ ofrece aos gañadores distintos premios enfocados a apoialos no desenvolvemento dos seus respectivos proxectos. Estes compóñense de 500 euros en metálico, unha tablet, acceso ao programa “startup with IBM” -valorado en 12.000$ anuais- e ao Wonderful LAB, que garantiza o apoio técnico para o adecuado desenvolvemento das empresas gañadoras, con posibilidades de mentoring, aceleración e inversión de vehículos especializados en startups, como o de Indra Ventures ou o de Banco Sabadell.