12 diciembre, 2020

O globo aerostático da campaña de Nadal do Concello xa ofrece viaxes para as persoas que merquen no comercio local

Os interesados deberán rexistrar na web www.lugonadal.com os seus tíckets de compra nos establecementos da cidade e entrarán no sorteo dun voo. Os grupos serán reducidos, máximo 3 nenos/as ou 2 adultos, e os voos faranse sempre mantendo todas as medidas de seguridade.
4 diciembre, 2020

O Concello de Lugo autoriza á hostalaría local a instalar elementos de confort para aclimatar as terrazas durante o inverno

A medida súmase á exención en 2021 do pago da taxa pola ocupación que fan da vía pública con estes espazos. “O obxectivo é aportar solucións ás limitacións que impón a pandemia para garantir a viabilidade do sector e tamén os postos de traballo que xenera”, sinalou a alcaldesa.
2 diciembre, 2020

O Concello promove unha campaña de Nadal para todos os públicos, baixo a marca Lugo é Capital, co obxectivo de apoiar o comercio local

Mauricio Repetto presentou as accións que o executivo municipal porá en marcha nas vindeiras semanas para dinamizar as rúas e establecementos da cidade A campaña inclúe: a decoración de locais comerciais, un globo aerostático, accións de marketing con influencers ou unha plataforma de bonos-regalo O edil subliñou que “debemos priorizar as compras de Nadal nos […]
1 diciembre, 2020

Nacen os Supermércores na Rúa do Progreso, iniciativa na que colabora o Concello

Os Supermércores pretenden impulsar un novo movemento social que dinamice a cidade, nun momento de especial dificultade debido á crise sanitaria Os comercios que participarán nesta iniciativa son: Fontao,  Kukai, Viaxes  Almar, Modesto, Mariña,  Kukadas e ou  Baul Branco